Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONCELLO DE TUI NEGOCIARÁ CO ORAL, PARA DAR SOLUCIÓN A ACUMULACIÓN DE RECIBOS DA AUGA QUE AFECTA A MOITOS VECIÑOS DA CIDADE

Esta acumulación dos pagamentos débese a decisión tomada polo anterior goberno de xuntar os recibos pendentes nunha sola anualidade

A falta de lectura dos contadores no cuarto trimestre 2013 fixo que o consorcio facture un consumo estimativo, inxusto na maioría dos casos

Fecha: 09 de Julio de 2015

Fuente: www.concellotui.org

O alcalde de Tui, invita a que todos os cidadáns afectados presenten reclamacións por rexistro de entrada, e logo dende o concello negociarán co ORAL a posibilidade de que poidan fraccionar o pago

O Concello de Tui negociará co ORAL para fraccionar o pago das facturas acumuladas que recibiron moitos veciños da cidade. Esta acumulación dos pagamentos débese a falta de lectura dos contadores no período do cuarto trimestre do ano 2013 e polo tanto, agora están a chegar facturas nalgúns casos desorbitadas xa que o non haber lectura o consorcio facturou un consumo estimativo.

Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, explica que isto ocorreu porque o anterior goberno municipal, antes de entrar o novo consorcio, decidiu xuntar os recibos e facturas pendentes nunha anualidade, para logo traspasarlle o servizo ó consorcio. Enrique Cabaleiro dá conta que para levar isto a cabo, tramitaron un procedemento que entende coma "irregular".

O rexedor de Tui deu conta do informe realizado pola tesoureira do Concello, no que fai constar que a falla da lectura dos contadores correspondentes ó cuarto trimestre do ano 2013 é debida a unha falta de responsabilidade do persoal dedicado a este traballo, e por conseguinte tamén do responsable político do mesmo. Todo isto ten como resultado un agravio a aquelas casas pechadas ou que consumen pouco, xa que se lles aplicará un consumo non real. Pola contra, aquelas vivendas que gastan moito veranse beneficiadas porque se lles aplicará un consumo mínimo.

O alcalde de Tui, invita a que todos os cidadáns afectados presenten reclamacións por rexistro de entrada, e logo dende o concello negociarán co ORAL a posibilidade de que poidan fraccionar o pago.

Para aqueles que xa pagaron o recibo, Enrique Cabaleiro insiste que presenten igualmente as reclamacións por rexistro de entrada. O rexedor tudense quixo destacar que esta decisión de acumular os pagos foi tomada o 5 de marzo do 2015, asinada polo anterior alcalde, e non é responsabilidade do seu goberno, como algunhas fontes sinalan.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones