Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello de Tui ordena o precinto da grada do Campo de Fútbol Municipal Álvarez Durán

Despois das repetidas caídas de cascotes da cuberta, os técnicos municipais aconsellan o seu peche ata valorar o alcance das deficiencias que as producen

Despois das repetidas caídas de cascotes da cuberta, os técnicos municipais aconsellan o seu peche ata valorar o alcance das deficiencias que as producen

Fecha: 04 de Octubre de 2018

Fuente: Concello de Tui

O pasado luns a Policía Local de Tui procedeu o precintado das gradas do estadio de fútbol Álvarez Durán, en concreto precintaron e prohibiron o paso nos seis accesos as mesmas , impedindo deste xeito que o público as poda utilizar. Nos últimos tempos en varias ocasións caíran cascotes da cuberta do graderío, sen que se coñezan as causas destes desprendementos.

Ata o campo de fútbol desprazouse un técnico municipal, que despois de revisar o estado da cuberta do graderío aconsellou o seu peche ata ter analizado con detalle os motivos dos desprendementos e a perigosidade dos mesmos.

No seu informe fai constar que a estrutura da bancada presenta graves deficiencias e os desprendementos se terían producido pola corrosión das armaduras de aceiro. Segundo se desprende do informe realizado polo técnico municipal semella que esta corrosión tense producido polas filtracións na cuberta e polo pouco recubrimento de formigón co que contan esas armaduras, provocando todo isto unha perda de sección dos elementos estruturais principais e unha diminución da capacidade portante da estrutura. Se aconsella tamén nese informe realizar os estudos previos necesarios por parte dunha empresa especializada. Estes estudos determinarán o alcance da intervención necesaria que ven pode ser a simple reparación das filtracións, a reparación e reforzo da estrutura ou a demolición da mesma, debendo valorar tamén o alcance económico das obras a levar a cabo e analizando se é máis viable economicamente a demolición, a reconstrución ou a reparación.

Durante o tempo que dure o precinto o público asistente ó Álvarez Durán terá que seguir os partidos dende os laterais do campo.

Dende o Concello de Tui, o seu alcalde Carlos Vázquez Padín, aseguraba que se van tomar as medidas necesarias para garantir a seguridade do público nos partidos de fútbol e que se vai a priorizar o análise e a toma de decisións para solucionar canto antes este problema e que o público poda volver as gradas do Álvarez Durán.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones