Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONCELLO DE TUI ORGANIZA ESTA FIN DE SEMANA O ESPECTÁCULO NGLOB-ARTUI

Música e arte visual protagonizarán a noite do domingo no Conxunto Histórico de Tui

Música e arte visual protagonizarán a noite do domingo no Conxunto Histórico de Tui

Fecha: 05 de Septiembre de 2015

Fuente: www.concellotui.org

O Concello de Tui organiza esta fin de semana, concretamente este domingo día 6, a actividade NGLOB-ARTUI, que aglutina música e espectáculo audiovisual.

A partir das 21h. o grupo tudense Best Boy serán os encargados de subir ó escenario, no privilexiado entorno da Praza de San Fernando, para presentar o seu primeiro traballo discográfico "Cross the border". O grupo de Ángel Sánchez e Lucas Fernández actuará por vez primeira diante do público de Tui, dende a estrea do seu novo disco.

A continuación, ás dez e media, comezará un espectáculo de vídeo mapping a cargo da empresa galega Qatro Gatos, que encherá de vida e imaxes a fachada da Catedral de Tui. O mapping consiste en proxectar imaxes, usando un edificio como pantalla. A imaxes xeradas só valen para esa construción, xa que se teñen en conta as formas. Primeiro faise un patrón, logo reconstrúese en 3D e logo xéranse as imaxes no ordenador.

O punto final desta xornada porao DJ Botz, acompañado de Flying Drums, GDJazz e Diana Tarín, que serán os encargados de encher de música o centro histórico de Tui, nunha actuación na que o DJ de orixe tudense mostrará unha vez máis o seu bo facer.

O Concello de Tui fai unha clara aposta pola música máis actual e as novas formas de arte visual, en contraste cun entorno clásico- histórico.

Diversos establecementos de hostalería que colaboran co evento terán instalados dende as nove da noite na Praza de San Fernando stands onde se poderán degustar pinchos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones