Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONCELLO DE TUI ORGANIZA UN ESPECTÁCULO DE FLYBOARD NO QUE PODERÁN PARTICIPAR GRATUITAMENTE 26 PERSOAS

Esta é a primeira vez que un concello de Galicia realiza un espectáculo de flyboard fluvial

Esta é a primeira vez que un concello de Galicia realiza un espectáculo de flyboard fluvial

Fecha: 05 de Septiembre de 2015

Fuente: www.concellotui.org

O Concello de Tui organiza este domingo unha actividade acuática de ocio no que 26 persoas poderán experimentar gratuitamente o flyboard. Durante toda a xornada do domingo, especialistas da empresa Flyboard Vigo estarán na praia fluvial da Mariña de Tui, para darlle oportunidade ós 26 veciños que consigan unha das prazas que se asignen por sorteo, para probar a sensación de voar sobre a auga.

O flyboard trátase especificamente do aparato co que se practica este novo deporte acuático, conéctase e obtense a súa potencia por medio dun jetski (moto de auga), o cal ten como función darlle a propulsión debaixo e sobre a auga. Os practicantes conéctanse ó aparato por medio dunhas botas ou táboas, as cales dan o soporte necesario para dar o equilibrio pertinente e que consiga voar sobre a auga.

Esta é a primeira vez que un concello galego vai realizar flyboard nun río. Trátase dunha boa oportunidade para probar de xeito totalmente gratuíto unha modalidade deportiva orixinal, e que habitualmente ten un elevado custe para os participantes. Para obter unha das prazas e así poder gozar do flyboard, é preciso participar nun concurso que pon en marcha o Concello de Tui a través da Radio Municipal de Tui.

A partir de mañá mércores e até venres, a Radio Municipal de Tui vai sortear 26 pases para practicar flyboard este domingo nas augas do río Miño. Participar é moi sinxelo. Dende a radio lanzarase unha serie de preguntas, e os interesados deberán achegar as súas respostas, chamando ó número de teléfono 986 60 70 55.

O participante deberá indicar o seu nome completo con apelidos, idade e DNI, xunto coa resposta, que será contabilizada por rigorosa orde. Cada día, dez minutos antes das 12 do mediodía, farase o sorteo en directo.

Os gañadores poderán desfrutar dun pase completo para practicar flyboard. Haberá 12 vales para mozos entre 12 e 18 anos e 14 para adultos, dende os 18 anos en diante. Os menores de idade deberán contar con autorización paterna. O horario da actividade dividirase entre mañá e tarde, de 11h. a 14h. e de 16h. a 19.30h. A partir das sete e media da tarde do domingo, membros de Flyboard Vigo realizarán unha exhibición. Lémbrase que os participantes deberán levar bañador e toalla.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones