Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONCELLO DE TUI PRESENTA O XLIV DESCENSO INTERNACIONAL DO MIÑO E O V DESCENSO POPULAR DO MIÑO

O Descenso Internacional sairá ás 18.30h. dende Salvaterra. O percorrido consta de arredor de 15 quilómetros.

Pola súa parte, o Descenso Popular arrincará ás 16h., cunha distancia de preto de 7 quilómetros

Fecha: 11 de Agosto de 2015

Fuente: www.concellotui.org

O pasado Luns, ás 11.00 horas, no Salón de Plenos do Concello de Tui, foi a presentación do XLIV Descenso Internacional do Miño "Memorial José Manuel Jiménez" e do V Descenso Popular do Miño, organizados polo Club Kaiak Tudense, en colaboración co Concello de Tui e a Federación Galega de Piragüismo, que terán lugar este sábado pola tarde.

 

Na rolda de prensa participaron o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Laureano Alonso, a concelleira de cultura, María José González, o secretario xeral para o deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete, así como a deputada provincial de deportes da Deputación de Pontevedra, Chelo Besada, o presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea, e o director técnico do Club Kaiak Tudense, Esteban Alonso. Ademais, o Salón de Plenos contou coa presenza dos padeeiros tudenses que competirán no Descenso Internacional. 

 

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, explicou que se hai un deporte do que se sinte orgullosa a cidade de Tui e do piragüismo, e que os éxitos dos padeeiros fan necesario que se destine unha maior partida orzamentaria para asegurar a súa sostibilidade, dado que malia a ser un deporte de elite non é de masas.

 

Esteban Alonso, director técnico do Kaiak explicou que este ano, o descenso Internacional superou os rexistros de inscritos das edicións anteriores, e hai 500 embarcacións e 800 deportistas apuntados de 44 clubs chegados de diferentes autonomías e tamén de Portugal. Pola súa banda, o presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea, afirmou que o Descenso Internacional é un dos mellores de Galicia, tanto polo público como polo seu apoio.

 

Deseguida, a deputada provincial de deportes, Chelo Besada, explicou que as subvencións do deporte teñen que ser un dereito e os clubs e deportistas deben contar cunha asignación fixa.

 

Finalmente, o secretario xeral para o deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete, quixo incidir na boa xeira de resultados do Kaiak, e isto refléxase en que dos 18 padeeiros españois que van competir en Milán, 4 pertencen ao Kaiak. Para rematar, o secretario xeral amosou o seu apoio para que os Descensos do Miño sexan declarados Festas de Interese. Isto é posible debido a que a Xunta de Galicia mudou o decreto 4/2015, e a partir do mesmo inclúese ó deporte como elemento a ter en conta neste nomeamento.

 

O Descenso Internacional sairá este sábado, ás 18.30h dende Salvaterra. O percorrido consta de arredor de 15 quilómetros. Pola súa parte, o Descenso Popular arrincará ás 16h., cunha distancia de preto de 7 quilómetros a realizar en dúas horas aproximadamente.

 

 

A V Festa do Miño conxugará ademais do deporte, gastronomía e música

 

Pola súa banda, a concelleira de cultura, María José González, deu conta de que a V Festa do Miño, conta doutros actos parellos ao deporte, como son a V Festa Gastronómica que comeza ás 19.30h con preto de 22 postos e os concertos no Paseo da Corredoira, nos que actúa Uxía e Narf e Pandeiromus.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones