Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello de Tui presente na comisión galega que viaxou ao Sáhara para coñecer in situ a situación e necesidades do pobo saharauí

Este ano volverá realizarse o programa Vacacións en Paz

Este ano volverá realizarse o programa Vacacións en Paz

Etiquetas del contenido

Fecha: 22 de Febrero de 2022

Fuente: Concello de Tui

O Concello de Tui formou parte da comisión galega que a semana pasada viaxou aos campamentos de refuxiados saharauís da man de SOGAPS, Solidariedade Galega co Pobo Saharauí.  O concello tudense estivo representado pola concelleira de Emprego e Igualdade, Ana María Núñez.  Formaba parte tamén da comisión o intergrupo parlamentario composto por un representante de cada un dos partidos políticos con representación parlamentaria, o presidente do Fondo Galego de Cooperación e alcalde de Nigrán, o alcalde e a concelleira de Igualdade de Gondomar, e a concelleira de igualdade e exalcaldesa de Cambados. Na comisión galega viaxou un equipo médico que que realizou  misión humanitaria na casa de Galicia en Bojador.

 

A comisión galega foi recibida pola gobernadora da Wilaya de Bojador, Azza Brahim; polo Presidente da República Saharaui e S.G. do Fronte Polisario, Brahim Gali; e pola ministra de Asuntos Sociais e Promoción da Muller, Suelma Beirul, quen fixo especial mención ao importante papel das mulleres nunha sociedade que ten aos homes na guerra.

 

Tamén tiveron a oportunidade de visitar o Parlamento e manter un encontro co ministro de Educación, Mrabih El-Mami, que expuxo as necesidades e prioridades do seu ministerio, que pasan por poder garantir unhas condicións mínimas a cada alumno e alumna, por formar ao profesorado, por garantir salarios dignos para reter ao profesorado e controlar o abandono escolar, así coma a necesidade de material escolar didáctico e das infraestruturas para cada Wilaya.

 

Xa na última xornada, a delegación galega foi recibida polo primeiro ministro da RASD, Bucharaya Hamudi, e pola ministra de Cooperación, Fatma El-Mehdi que agradeceron a inmensa solidariedade e colaboración do pobo español co Sáhara.

 

A xornada completouse coa sinatura dun convenio de colaboración entre o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade representado polo seu presidente e alcalde de Nigrán, Juan A. González, e a gobernadora da Wilaya de Bojador Azza Brahim, para mellorar a xestión de residuos e xerar emprego nos campamentos.

 

A concelleira de Emprego e Igualdade, Ana Núñez, avanza tras a viaxe aos campamentos saharauís que “unha das tarefas inmediatas que abordará o concello de Tui é a adhesión ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade”.  Outro dos compromisos adquiridos polo Concello de Tui, entre outras iniciativas a valorar co conxunto dos grupos políticos, é o de aumentar a difusión do programa “Vacacións en paz” que este ano o goberno saharauí xa comunicou de xeito oficial que se levará a cabo , tras o do parón nos dous últimos anos debido á pandemia. Un programa que permite a nenos e nenas dos campamentos de refuxiados pasar os meses de verán con familias españolas.

 

A concelleira de Emprego e Igualdade, Ana Núñez, que tamén é familia acolledora ao abeiro deste programa, convida “a todas as familias que poidan que vivan a experiencia de acoller a un neno ou nena saharauí”. Agarda que Tui amose o seu lado máis solidario este verán sendo numerosas as familias que acollan a un neno e nena nos meses estivais.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones