Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

O CONCELLO DE TUI PUBLICA UN DÍPTICO TURÍSTICO SOBRE A RUTA XUDÍA DA CIDADE

Están dispoñibles na Casa do Concello e na Oficina de Turismo

Están dispoñibles na Casa do Concello e na Oficina de Turismo

Fecha: 23 de Diciembre de 2015

Fuente: Concello de Tui

A concellería de Turismo do Concello de Tui vén de publicar un díptico turístico, cunha tirada de 2000 exemplares, con información sobre a Ruta Xudía da cidade.

A comuna xudía medieval de Tui tivo unha gran importancia na cidade, deixando unha ampla herdanza cultural que fai de Tui o principal núcleo xudeu e xudeuconverso de Galicia. Asemade, a comunidade xudía tudense destacou pola súa integración, convivindo cos cristiáns sen que houbese conflictos durante a Idade Media. O exemplo máis importante desta integración está na Catedral de Tui, onde no claustro gótico se conserva gravada unha menorá ou candeeiro de sete brazos, testemuña da cooperación da comunidade xudía co poder político e económico da cidade.

Na portada do díptico pódese ver unha imaxe da cidade dende o río Miño e na contraportada, oito fotografías entre as que se atopa o Patio da Sinagoga, a Casa de Moisés e Aarón que data do século XV, a Casa de Salomón, a Torre do Xudeu ou a menorá no claustro da Catedral. No interior do díptico está dispoñible un mapa da Ruta Xudía tudense, onde se sinalan os principais puntos de referencia do legado xudeu e unha ampla descrición de cada un dos elementos tanto do patrimonio relixioso coma civil.

Os dípticos informativos, cunha tirada total de 2000 exemplares, estarán dispoñibles na Casa do Concello e na Oficina de Turismo de balde.

Cómpre lembrar que Tui se suma dende hai uns anos no mes de setembro á celebración das Xornadas Europeas da Cultura Xudía celebrando rutas guiadas e outras actividades entorno ao patrimonio xudeu da cidade.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí