Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello de Tui quere amosar publicamente o seu agradecemento a todos os que se teñen volcado na atención aos afectados

Persoas anónimas, entidades, institucións, administracións... teñen amosado dende o primeiro minuto a súa solidariedade

Persoas anónimas, entidades, institucións, administracións... teñen amosado dende o primeiro minuto a súa solidariedade

Fecha: 28 de Mayo de 2018

Fuente: Concello de Tui

O Concello de Tui quere publicamente amosar o seu agradecemento a todas as persoas, colectivos, entidades, institucións, administracións, tanto españolas coma portuguesas, que dende o primeiro minuto tras a catástrofe de Paramos axudaron na atención aos afectados dun ou doutro xeito.

Agradecemento a aqueles que tras a explosión prestaron atención directamente aos afectados. Grazas ás forzas de seguridade e aos servizos de emerxencia, tanto de Galicia coma de Portugal, pola súa rápida intervención e a súa asistencia na zona. Grazas ás distintas administracións, goberno central, Xunta, Deputación, concellos e cámaras municipais que ofreceron o seu apoio, asistencia, medios humanos e materiais, para actuar na zona.

Ao Centro Cultural de Guillarei que dende o primeiro momento puxo todo o preciso a dispor para acoller aos afectados, e o centro de atención, que non escatimaron esforzos nin recursos para prestar a mellor atención posible.

Grazas aos cidadáns anónimos, asociacións, entidades,... que dende o primeiro momento colaboraron como voluntarios, con roupa, alimentos, enseres... Agradecemento tamén ás empresas e técnicos que brindaron a súa axuda de moi diversas formas, dende actuacións na zona a envío de material, e posta a disposición dos afectados de forma totalmente altruísta. Dende o Concello sentímonos amais agradecidos e orgullosos dos traballadores municipais que se teñen implicado totalmente para facer fronte a esta situación co seu traballo, atención, e con toda a súa dedicación.

A solidariedade estivo presente dende o minuto un de moi diversas formas. Teñen sido tamén centos as mensaxe a través de moi diversos medios, que teñen chegado ofrecéndose coma voluntarios, aportando material...

Dende o Concello somos conscientes que hai moitas persoas e entidades que desexan continuar aportando o seu gran de area por iso queremos canalizar todos eses ofrecementos a través do correo electrónico afectadostui@gmail.com ou no teléfono 986 60 39 49.

A todos amosar o noso máis profundo agradecemento por esta inmensa mostra de solidariedade.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones