Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello de Tui regulariza a situación do mercado co cobro de 57.000? de atrasos

A concellalía de mercados aumentou o control sobre a venta ambulante e o pago das taxas municipais

A concellalía de mercados aumentou o control sobre a venta ambulante e o pago das taxas municipais

Fecha: 05 de Octubre de 2018

Fuente: Concello de Tui

A concellalía de mercados do Concello de Tui informa da situación actual da venta ambulante da nosa cidade. Dende a concellalía aseguran que en colaboración coa Policia Local teñen conseguido ter practicamente saneada a actividades e venta ambulante. Os ingresos nas arcas municipais dos recibos emitidos aos vendedores ambulantes, pagados en período voluntario, ascende a algo más de 57.000€ de atrasos cobrados dende outubro. En canto a vendedores con débedas antigas , algunhas delas xa en vía executiva, ou os que instalaban os seus postos sen abonar a correspondente taxa municipal, a recadación ascende a case 15.000€ tamén nos últimos 12 meses. Un bo número destes vendedores ambulantes solicitou o pago fraccionado no ORAL, pago que se concedeu practicamente no 100% dos caos solicitados.

Despois de todas estas seccións de control dende a concellalía aseguran que a práctica totalidade dos vendedores que montan o seu posto no mercado semanal dos xoves, posúen a preceptiva autorización. A Policia Local, realiza unha labor de inspección coordinada entre a concellalía de mercados e a de seguridade.

Nas últimas semanas se ten detectado varios vendedores sen autorización os que despois de ser identificados, se lles mandou levantar o seu posto e abandonar o mercado. Até o momento non ten sido necesario iniciar ningún expediente sancionador por venda ilegal xa que ningún deles foi reincidente.

Ao longo deste mes de setembro está previsto entregar os carnés de vendedor ambulante, carné que servirán para identificar a cada vendedor coa súa foto e a do seu suplente debidamente autorizado que o poderá substituír.

En opinión da concelleira Mila González, a labor de control e inspección e mercado ten sido moi intensa e comeza a dar os froitos desexados.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones