Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

O Concello de Tui renova e amplía as instalacións municipais dos Servizos Sociais cun investimento que supera os 5.300?

Os veciños e veciñas gañan en privacidade e comodidade, cunha nova sala de espera e un despacho de atención personalizada

Os veciños e veciñas gañan en privacidade e comodidade, cunha nova sala de espera e un despacho de atención personalizada

Fecha: 05 de Abril de 2017

Fuente: Concello de Tui

Os Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Tui contan dende hai unhas semanas cunhas novas instalacións más amplas e axeitadas para este servizo. As novas dependencias están emprazadas na planta baixa da casa do concello na zona que antigamente ocupaba o Servizo de Extensión Agraria. As xestións realizadas polo Concello solicitando á Consellería de Medio Rural a retrocesión destas instalacións en desuso, e a posterior rehabilitación do espazo permitiron este novo uso.

Cun investimento superior aos 5.300€, dispúxose dunha nova sala de espera con espazo para 8 persoas e unha nova oficina de atención personalizada. A isto, débese sumar a limpeza e pintado das instalacións, a colocación do equipamento necesario, con novas cadeiras e material de oficina e a instalación da infraestrutura de comunicacións, traballos todos eles realizados con cargo ao orzamento municipal por traballadores municipais.

Deste xeito, e mentres que até o de agora os usuarios debían esperar nun corredor da casa do concello, ao carón do ascensor e nunha zona de paso, agora, coa nova sala de espera, se gaña en "comodidade, amplitude, confidencialidade e privacidade", en palabras do concelleiro de Servizos Sociais, Laureano Alonso.

Así mesmo, o espazo que agora ocupaba a oficina dos Servizos Sociais Comunitarios, nunha situación de precariedade, emprégase como arquivo para este área municipal.

Na actualidade os Servizos Sociais Comunitarios contan con dous traballadores sociais, unha técnica de prevención das drogodependencias e conductas adictivas, unha educadora familiar e un auxiliar administrativo. Pódese solicitar cita previa no 986 60 36 25 ext 54. Lembramos amais que os martes de 16 a 20h atende o Servizo de Apoio Municipal a Menores e Mulleres, S.A. M.M.M) que da resposta as necesidades das mulleres e dos menores residentes en Tui. É preciso solicitar cita previa.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí