Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONCELLO DE TUI RENOVA O CONVENIO COA FEDERACIÓN GALEGA DE BALONCESTO

Tui seguirá sendo sede das concentracións das diferentes seleccións galegas co apoio do Club Baloncesto Tui

Tui seguirá sendo sede das concentracións das diferentes seleccións galegas co apoio do Club Baloncesto Tui

Fecha: 03 de Marzo de 2016

Fuente: Concello de Tui

Onte martes, 1 de marzo, tivo lugar na Casa do Concello de Tui, o acto de sinatura do convenio de colaboración entre a Federación Galega de Baloncesto, FEGABA, o Concello de Tui e o Club Baloncesto Tui, polo que a nosa cidade seguirá sendo sede oficial das concentracións das diferentes seleccións galegas, na súa preparación para os distintos campionatos nacionais.

O presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín, o concelleiro de Deportes de Tui, Laureano Alonso e o presidente do Club Baloncesto Tui, Juan Ramón Cal, renovaron este convenio ata a tempada 2018/2019, acompañados polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.

No marco deste convenio, a FEGABA comprometeuse a subministrar dúas canastras de categoría mini, para o uso do C.B. Tui durante a vixencia deste convenio.

Dadas as boas relacións entre as dúas institucións, a Federación Galega de Baloncesto ofreceu ao Concello de Tui, a organización do Campionato de España de Seleccións Mini, que se disputará no ano 2017.

Tui co baloncesto

Na liña da colaboración establecida entre a nosa cidade, o Club Baloncesto Tui e a Federación, o Concello de Tui apoiará ao Concello do Porriño, na organización do Campionato de España de Baloncesto en categoría infantil feminino, que se celebrará entre os días 12 e 19 de xuño. No mesmo participarán 32 equipos a nivel nacional, Tui será a sede da primeira fase.

Entre o 23 e o 30 de xuño, o equipo Permuferías Avenida de Salamanca, organizará un campus en Tui, no que participarán 70 rapazas desa cidade, que utilizarán a instalacións deportivas municipais e gozarán dunha semana de actividades en Tui.

E para rematar no mundo do baloncesto, o Campus Joe Arlauckas volverá realizarse en Tui, entre os días 4 e 9 de xullo. No mesmo agárdase superar o número de participantes de anos anteriores. Este ano organizaranse máis actividades paralelas relacionadas co mundo do baloncesto.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones