Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello de Tui reunirase proximamente cos afectados de Paramos

O Concello de Tui reunirase proximamente cos afectados de Paramos para solucionar as dúbidas e explicar a situación actual do procedemento urbanístico

O Concello de Tui reunirase proximamente cos afectados de Paramos para solucionar as dúbidas e explicar a situación actual do procedemento urbanístico

Fecha: 14 de Agosto de 2019

Fuente: Concello de Tui

O Concello de Tui convocará nos próximos días a unha reunión informativa aos afectados de Paramos e Guillarei pola explosión do 23 de maio de 2018. O alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Urbanismo, Yolanda Rodríguez, e o técnicos municipais explicarán de xeito pormenorizado a situación actual e resolverán as dúbidas que os propios afectados poidan plantexar. Dende o Concello de Tui quérese enviar unha mensaxe de tranquilidade xa que a tramitación dos distintos expedientes urbanísticos segue o seu curso con total normalidade, e a corrección de erros da ordenanza municipal de axudas para os afectados da zona cero beneficiará aos damnificados na tramitación destas achegas. Unha corrección, que puntualizan, será levada a comisión informativa e a pleno no mes de setembro para a súa aprobación.

Precisamente a Xunta Local de Goberno aprobará mañá a concesión dunha nova licenza de obra maior. Na Oficina de Urbanismo de Paramos aprobáronse xa 13 licenzas, 6 máis están pendentes de informar e a 5 se lles requiriu documentación complementaria. Igualmente se tramitaron 105 comunicacións previas, das 96 foron resoltas, e 9 están pendentes de informar. De estas 9 un total de 5 están pendentes de presentar documentación. No referente á solicitude de axudas ao abeiro da ordenanza municipal para vivendas - tanto primeira coma segunda vivenda - en zona cero, foron presentadas un total de 15 solicitudes, das que unha foi rexeitada ao estar o inmoble fóra do ámbito marcado na ordenanza, é dicir da zona cero.

Dende o Concello de Tui deféndese o traballo que están a realizar o técnicos municipais na Oficina de Urbanismo de Paramos, situada no Centro Municipal de Formación en Guillarei, e se cualifica de intachable. Faise fincapé en que esta oficina, que atende aos afectados de Paramos e Guillarei, traballa de xeito independente da oficina de Urbanismo situada na casa do concello. En Guillarei amais de informar ás solicitudes de licenzas ou de comunicacións previas, tamén prestan asesoramento na solicitude e tramitación das axudas ante as distintas administracións. Aí traballan arestora un arquitecto, unha xurídica e unha auxiliar administrativa, amais de dous arquitectos da Deputación que nestes momentos están centrados na tramitación do programa Deporemse, para a urbanización e reposición de servizos na zona cero. Precisamente estes días agárdase a aprobación por parte da Deputación de Pontevedra do modificado do proxecto presentado, para poder proceder a súa licitación e execución cun investimento de 500 mil euros.

Con respecto á tramitación das licenzas e das comunicacións previas esta tense que realizar conforme á lei. Nese senso explícase dende o Concello de Tui que a modificación da Lei do Solo de Galicia realizada pola Xunta permite reconstruír vivendas que estaban fóra de ordenación, pero cumprindo coas normas sectoriais aplicables, o que garantirá a súa legalidade.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones