Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello de Tui solicita a colaboración cidadá no coidado do patrimonio histórico da cidade ante os casos de vandalismo

Nas últimas semanas os actos incívicos centráronse na nova sinalización instalada no conxunto histórico

Nas últimas semanas os actos incívicos centráronse na nova sinalización instalada no conxunto histórico

Fecha: 14 de Diciembre de 2016

Fuente: Concello de Tui

Ante os actos vandálicos das últimas semanas no conxunto histórico de Tui, a concellería de Patrimonio quere facer un chamamento ao respecto e protección dos elementos que permiten divulgar a nosa historia. Aínda que se trata dun problema antigo, nas últimas semanas, dende a colocación da nova sinalización no conxunto histórico, vénse producindo un aumento do vandalismo. Nos últimos días arrincouse unha das sinais e rompéronse outras dúas ademais de aparecer diferentes pintadas na praza de San Fernando.

A Concelleira de Patrimonio, Carmen Núñez, chama a "combater" este tipo de actos incívicos que van en contra de todos os tudenses. Núñez salienta que "se fixo un importante esforzo por dotar ao conxunto histórico dunha nova sinalización máis limpa, harmónica e respectuosa coas características do entorno" e polo tanto "é importante protexer o esforzo común" ante estes actos.

Dende o Concello de Tui lembran que contamos co segundo casco histórico de Galicia é que a nova sinalización permite informar aos tudenses e visitantes da riqueza do patrimonio tudense.

O Concello vén de levar a cabo un proxecto integral de sinalización da cidade histórica que persegue facilitar a visita desta zona, pola en valor, xerar maior atractivo e ofrecer unha imaxe uniforme, renovada e actualizada. Para a execución deste proxecto tívose en conta as especiais características da cidade histórica partindo coma premisas do respecto e integración no lugar, así coma de accesibilidade.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones