Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello de Tui solicita a colaboración cidadá tras a renovación das plantas en xardíns e maceteiros da cidade

Lembra aos propietarios de mascotas que deben recoller os excrementos das vías públicas

Lembra aos propietarios de mascotas que deben recoller os excrementos das vías públicas

Fecha: 31 de Julio de 2019

Fuente: Concello de Tui

A concellería de Parques e Xardíns do Concello de Tui está a realizar traballos para renovar, e nalgún caso mudar, as plantas existentes nos distintos xardíns do centro urbano e tamén nos maceteiros colocados nas rúas tudenses.

Estes traballos comezaron nun tramo do Paseo da Corredoira, na Glorieta de Vigo, na Praza de Galicia, e rúa Foxo, e nos maceteiros distribuídos en distintas as rúas do centro urbano. Para a renovación das plantas elixíronse especies, de prezo económicos, que se axeiten ás condicións climatolóxicas existentes, e nas que se primou o colorido. Así gardenias, alegrías, xeranios,... embelecen os xardíns e rúas tudenses. Dende a concellería de Parques e Xardíns anuncian que o obxectivo é seguir renovando todas as zonas axardinadas do municipio.

Dende o Concello de Tui aproveitan a ocasión para solicitar a colaboración veciñal co máximo respecto e coidado dos xardíns e macetas, e das novas especies plantadas, lembrando que un Tui limpo e coidado é tarefa de todos.

Faise amais especial chamamento aos propietarios de mascotas lembrando que se deben recoller os excrementos da vía pública, e que as mascotas non deben facer as súas necesidades nas zonas axardinadas ou con céspede. Para lembrar precisamente estas cuestións proximamente serán colocados carteis nestes espazos. A Ordenanza Municipal de Ornato e Limpeza Viaria recolle como infracción leve non recoller os excrementos das mascotas, o que pode conlevar a imposición dunha multa de 200€.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones