Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONCELLO DE TUI SOLICITA A COLABORACIÓN VECIÑAL PARA QUE O EQUIPO REDACTOR DO PEPCHA POIDA ACCEDER AS SÚAS VIVENDAS

O obxectivo é completar a documentación sobre elementos coma patios ou escaleiras

O obxectivo é completar a documentación sobre elementos coma patios ou escaleiras

Fecha: 31 de Mayo de 2016

Fuente: Concello de Tui

O Concello de Tui solicita a colaboración dos veciños do conxunto histórico xa que ao abeiro dos traballos de elaboración do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico Artístico, PEPCHA, a próxima semana o equipo redactor necesitará acceder as vivendas desta zona da cidade. O obxectivo será recoller ou completar a información de escaleiras, patios ou outros elementos arquitectónicos de valor tendo en conta o último informe emitido pola Consellería de Cultura do pasado 21 de setembro de 2015.

As visitas do equipo de redactor comezarán o próximo luns pola mañá de 11 a 14.30h ás vivendas da rúa San Telmo e pola tarde de 16 a 21h ás da rúa Cuenca. Prolongaranse ao longo da semana de acordo co seguinte calendario.

Luns 30 de maio
• De 11:00h a 14:30h rúa San Telmo.
• De 16:00h a 21:00h rúa Cuenca.
Martes 31 de maio
• De 11:00h a 14:30h rúa Sanz, rúa Seixas, rúa Entrefornos, Praza do Concello, Praza de S. Fernando, rúa do Párroco Rodríguez Vázquez e rúa Bispo Castañon.
• De 16:00h a 21:00h praza Armada Española e rúa Pracer.
Xoves 2 de xuño
• De 11:00h a 14:30h travesía San Bartolomé, rúa de San Bartolomé e travesía Santo Domingo
• De 16:00h a 21:00h rúa Antero Rubín, rúa das Monxas, rúa do Tide, Canella do Tide, rúa Canella do Ouro e rúa do Ouro.
Venres 3 de xuño
• De 11:00h a 14:30h rúa Augusto González Besada, rúa Camilo José Cela, Paseo de Calvo Sotelo, Praza da inmaculada, rúa Bispo Lago e rúa do Foxo.
• De 16:00h a 21:00h rúa Porta da Pía, rúa Ordoñez, Cantón de Diomedes e rúa Martínez Padín


A concelleira de Patrimonio, Carmen Núñez, sinala que sería moi interesante que o equipo redactor puidese acceder ás vivendas para así poder completar a documentación e seguir avanzando na tramitación do PEPCHA. Sinala que os membros do equipo redactor irán debidamente acreditados. Pola súa parte o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, resaltou a importancia da colaboración cidadá na recuperación e posta en valor dun conxunto histórico da importancia do de Tui e na tramitación dun documento clave coma é o Plan Especial.


Os veciños foron informados xa a través dun bando municipal destas visitas, así coma con avisos informativos nos buzóns da vivendas obxecto destes traballos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones