Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello de Tui solicitou 1.029.918? ao abeiro do Plan Concellos

Antes de finais de ano presentaranse novos proxectos por importe de 739.718? para 2019 ao tratarse nesta convocatoria dun plan plurianual.

Antes de finais de ano presentaranse novos proxectos por importe de 739.718? para 2019 ao tratarse nesta convocatoria dun plan plurianual.

Fecha: 21 de Mayo de 2018

Fuente: Concello de Tui

A elaboración de cartografía Six, ortofotodixital, e rede topográfica do municipio é o proxecto de maior importe, 90 mil euros, solicitado polo Concello de Tui ao abeiro do Plan Concellos 2018-19. En concreto foron presentados trece proxectos de investimento por un importe total de 752.383,38 dentro da liña 1.

Contémplase así a mellora das pistas de tenis municipais en Areas, cun importe de 64.245,22€; unha área lúdico recreativa no CEIP de Rebordáns por importe de 42.442,18€; unha área recreativa na aula de Ponte Internacional do CRA Mestra Clara Torres nas Bornetas cun investimento de 31.495,86€; e a mellora dos vestiarios no pavillón polideportivo vello por importe de 59.817,58€.

Na solicitude figuran tamén 70.714,71€ para a demolición do edificio municipal na Avenida da Concordia; 63.120,32€ para a substitución da cuberta da nave de maquinaria do concello e 64.673,46€ para a construción dunha nave industrial para garaxe de camións nas instalacións municipais en Guillarei. Outras actuacións para as que se solicitou a achega provincial ao abeiro do Plan Concellos son a separación das augas pluviais e reparación de beirarrúas nas estrada cara Baiona por 78.602,96, e a mellora da pavimentación no acceso ao núcleo da Malladoura por 49.476,88€.

Ao abeiro da liña 1 do Plan Concellos solicítanse tamén 48.395,04 para a reparación e/ou reposición da carpintería exterior da casa do concello, e 51.707,31€ destinados ao cambio da base da escultura ecuestre de Juan Oliveira na Glorieta de Vigo.

Por último inclúese o proxecto de Re-Activación Patrimonial Rec-Tui valorado en 37.691,86€, cuxo obxectivo é aproximar o patrimonio de Tui á poboación residente, así como aos visitantes para que se debuxará unha cartografía histórica xeorreferenciada, se organizará un proceso educativo de catalogación colaborativa, e se elaborará un informe de resultados do proceso e liñas estratéxicas, entre outros.

Por outra parte ao abeiro da liña 2 para o financiamento de actos culturais foi solicitada unha achega de 44.577,61€ para a celebración do Pacto de Tui.

Mentres na liña 3 de emprego para a conservación e mantemento de bens e servizos municipais o importe concedido é de 232.957,83€. Para a contratación de 20 traballadores, en concreto 7 peóns de horticultura - xardinería, 2 oficiais de segunda albaneis, 1 oficial de segunda carpinteiro, 1 oficial condutor de camión, 1 oficial de segunda soldador de estruturas metálicas lixeiras, 4 animadores turísticos, 2 auxiliares administrativos de biblioteca e 2 auxiliares administrativos de servizos xerais. En total tense solicitado ao abeiro da liña 1, 2 e 3, un total de 1.029.918,83€.

Este ano o Plan Concellos convocado pola Deputación de Pontevedra ten carácter bianual 2018/2019, polo que do 1 de novembro ao 31 de decembro o Concello solicitará proxectos para os 739.718,33€ concedidos tamén ao abeiro deste plan para 2019. En total o importe concedido suma 1.769.637,16€. En concreto o Concello de Tui percibirá unha achega da Deputación de Pontevedra do Plan Concellos 2018/19 un 76,35% maior á concedida en 2017.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones