Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello de Tui súmase á conmemoración do -Día oficial da memoria do Holocausto e prevención de crimes contra a Humanidade-

Estaba prevista unha exposición que tivo que ser cancelada ante as novas medidas restritivas que entran en vigor este mércores

Estaba prevista unha exposición que tivo que ser cancelada ante as novas medidas restritivas que entran en vigor este mércores

Etiquetas del contenido

Fecha: 26 de Enero de 2021

Fuente: Concello de Tui

O Concello de Tui súmase á conmemoración do “Día oficial da memoria do Holocausto e prevención de crimes contra a Humanidade” que ten lugar mañá, 27 de xaneiro.

O 27 de xaneiro conmemórase a liberación en 1945 por parte das tropas soviéticas do campo de concentración e exterminio nazi en Auschwitz-Birkenau. A Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou oficialmente esta data coma o Día Internacional da Conmemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto. España instaurou no ano 2005 a conmemoración desta data coa denominación de “Día oficial da memoria do Holocausto e prevención de crimes contra a Humanidade”. Deste xeito cada ano, ao redor do 27 de xaneiro, réndese homenaxe á memoria das vítimas do Holocausto. 

O Concello de Tui súmase a este conmemoración, especialmente agora que forma parte da Red de Juderías de España. Mañá mércores, 27 de xaneiro, estaba prevista a  inauguración da exposición “Viaxes xudías”  e un pequeno acto de lembranza desta data, que tivo que ser anulado debido ás medidas acordadas pola Xunta de Galicia para a prevención da pandemia que obrigan ao peche dos servizos culturais.

Nese acto íase ler o seguinte texto preparado pola Red de Juderías:

“O Holocausto non só afectou profundamente aos países onde se cometeron crimes nazis, senón que tamén afectou a moitas outras partes do mundo. Sete décadas despois dos acontecementos, existe unha responsabilidade colectiva de tratar o trauma restante, manter medidas que permitan unha conmemoración efectiva, coidar sitios históricos e promover a educación, documentación e investigación. Esta responsabilidade require educar sobre as causas, consecuencias e dinámicas destes crimes, así como reforzar a capacidade de resistencia dos mozos fronte ás ideoloxías de odio. A medida que os xenocidios e outros crimes atroces seguen ocorrendo en varias rexións do mundo e como asistimos a un aumento mundial do antisemitismo e do discurso de odio, isto nunca foi máis relevante”.

O Concello de Tui súmase a esta conmemoración e expresa o seu compromiso de traballar cada día para desbotar da nosa sociedade o discurso do odio e a discriminación por calquera condición.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones