Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

O CONCELLO DE TUI SÚMASE POR TERCEIRO ANO CONSECUTIVO Á HORA DO PLANETA

Este sábado o Concello apagará a iluminación da Catedral de Santa María entre ás 20.30h e ás 21.30h.

Este sábado o Concello apagará a iluminación da Catedral de Santa María entre ás 20.30h e ás 21.30h.

Fecha: 28 de Marzo de 2015

Fuente: www.concellotui.org

O Concello de Tui súmase, por terceiro ano consecutivo, á Hora do Planeta, unha iniciativa da ONG WWF coa que se pretende concienciar sobre o cambio climático e amosar o compromiso coa defensa do medio ambiente.

Este sábado o Concello apagará a iluminación da Catedral de Santa María entre ás 20.30h e ás 21.30h. Con este acto simbólico amosará o seu apoio á Hora do Planeta, e ao tempo anima tamén aos cidadáns tudenses a sumarse a esta iniciativa nos seus fogares.

A Hora do Planeta é a maior campaña global de mobilización e loita contra o cambio climático. Organizada por WWF naceu en Sidney en 2007 e desde entón logrou a participación de máis de 7.000 cidades e pobos de 160 países, miles de empresas, centros educativos e entidades que suman a súa voz para demostrar que un futuro baseado nas enerxías limpas é posible.

Dende a ONG organizadora fan fincapé en que este ano é especialmente importante na loita contra o cambio climático xa que no mes de decembro, en París, os gobernos de todo o mundo teñen o reto de aprobar un acordo a favor do clima.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí