Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

O CONCELLO DO ROSAL ACOLLE A II CARREIRA POPULAR SAN SILVESTRE DO ROSAL O 31 DE DECEMBRO

A saída será ás 11.00 para a carreira de 5km e ás 11,30 os que opten por facer o percorrido de 1km.

A iniciativa xurde como unha actividade máis dentro da programación de Nadal que fundamentalmente ten un obxectivo non competitivo senón unha xuntanza familiar de tódalas persoas e tódalas idades posibles.

Fecha: 31 de Diciembre de 2015

Fuente: www.concellodorosal.es

A iniciativa xurde como unha actividade máis dentro da programación de Nadal que fundamentalmente ten un obxectivo non competitivo senón unha xuntanza familiar de tódalas persoas e tódalas idades posibles. Por esa razón, non existen premios non existen premios ós participantes que acaden en primeiro lugar a meta, senón que se premiará á participación seguindo as seguintes categorías para efectuar o sorteo dos premios.

Categoría Infantil : de 0 a 14 anos
• De 0 a 5 anos (non participan no sorteo xa que recibirán todos un agasallo)
• De 6 a 10 anos
• De 11 a 14 anos

Categoría Xuvenil - Adulto:
• De 15 a 20
• De 21 en adiante.

Os productos ou servizos sorteados serán cedidos polo comercio do Rosal que colabora activamente nesta iniciativa e que son os que seguen; A Cantina, Restaurante Juan, Sara Carrera, Peluquería Ignacio, O galopín, Milar O Rosal, Activa Dixital O Rosal, Tenda Paquín, Exclusivas Alonso, Pastelería O Conde, Augaluz, Floristería Abril, Confitería Rogelio do Rosal, Spa Esenttial nº 5, Electricidad O Rosal, Segunda Vuelta, Parafarmacia Villa, M&N Peluquería y Belleza, Mundoniños, Puntera Zapatos , DC Peluqueros, Perfumería Pili, Papelería Colores, Ferretería O Calvario, aínda que se están engadindo máis participantes a día de hoxe.

O percorrido realizarase polo casco urbano do Rosal cun total de 5.142 mts no caso da carreira e de 1.02 mts no caso das persoas que prefiren non correr. A entrega de dorsais efectuarase no momento de pago da cota de inscrición no Concello do Rosal. A saída será ás 11.00 para a carreira de 5km e ás 11,30 os que opten por facer o percorrido de 1km. Ó finalizar os participantes poderán tomar un chocolate quente mentres se realizan o sorteo dos premios patrocinado por Mas Instalaciones.

PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O 23 DE DECEMBRO
Inscricións (2€ por persoa participante) e información detallada da San Silvestre do Rosal no Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal. 986625000, no Facebook Omix Do Rosal e en www.concellodorosal.es .

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí