Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONSELLEIRO DE CULTURA E EDUCACIÓN COMPROBA O RESULTADO DAS OBRAS REALIZADAS NA CATEDRAL DE TUI E SINÁLAAS COMO IMPULSO AO ATRACTIVO DUN DOS NOSOS MONUMENTOS MÁIS SENLLEIROS

A Consellería ten previsto novas actuacións, que consolidarían un investimento de preto de 1 millón de euros neste templo

As actuacións constitúen un reforzo do efecto de chamada da Catedral tudense, situada no ámbito do Camiño Portugués e moi preto do país luso

Fecha: 18 de Febrero de 2015

Fuente: Xunta de Galicia

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González, visitou hoxe a Catedral de Tui, onde comprobou o resultado das obras de restauración realizadas nos últimos meses no templo, cun orzamento que ascende a 186.491,45 €; e explicou que o seu departamento ten previsto realizar novas actuacións para consolidar un investimento total de preto de 1 millón de euros neste conxunto catedralicio nos últimos anos. Unhas intervencións que cualificou como un impulso ao atractivo dun dos monumentos máis senlleiros da arquitectura relixiosa da nosa terra e fóra dela, ao contar cun dos primeiros conxuntos góticos da Península Ibérica.

O seu valor artístico como xoia da arte medieval galega, a súa situación, no ámbito do Camiño Portugués a Santiago e preto do país luso, así como as vistas das que se pode gozar desde as cubertas do templo, fan desta catedral un importante atractivo para os visitantes, que se ve reforzado polas actuacións de conservación desenvolvidas desde a Xunta de Galicia. Neste sentido, o conselleiro lembrou ademais que o seu departamento ten previsto realizar novas actuacións nas cubertas e que, ademais, xa enviou ao Ministerio de Fomento o proxecto das obras no conxunto catedralicio dirixidas a acondicionar dependencias para o seu uso cultural, co fin de engadirlle un novo uso dinamizador a este espazo.

Durante a visita acompañaron ao conselleiro o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez; o delegado da Xunta na provincia de Pontevedra, José Manuel Cores Tourís; e o coengo Ricardo García.

Os traballos realizados nos últimos meses tiveron como obxectivo o tratamento das fábricas pétreas da Torre de San Andrés, Campanario e Salón do Trono e a protección do arquivo catedralicio. Así mesmo substituíronse algunhas carpinterías, revisáronse os canlóns e enchumbados da zona norte do Conxunto catedralicio, e realizáronse estudos dos movementos estruturais e das pinturas murais da Sala Capitular Gótica. Previamente, no ano 2013, a Consellería realizara xa diversas actuacións de limpeza e impermeabilización e retellado nas cubertas das torres da Catedral, da Sala Capitular, do Pazo da Contadoría, do presbiterio e capela de San Telmo, do Triforio norte e do Transepto norte.

Entre as tarefas previstas para o futuro o conselleiro sinalou a de completar a restauración da cuberta da catedral, o saneamento das xuntas da fábrica mediante a limpeza e retirada de morteiros de cemento e substitución dos mesmos por morteiros de cal, a reparación das reixas e o saneamento do pavimento, e a reparación ou substitución das carpinterías de madeira, segundo o seu estado de conservación.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones