Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Conservatorio de Tui incorporará no próximo curso 2022-23 o Grao Elemental

A matrícula para as ensinanzas elementais está xa completa. Quedan prazas na Escola de Música que se reestrutura por completo

A matrícula para as ensinanzas elementais está xa completa. Quedan prazas na Escola de Música que se reestrutura por completo

Etiquetas del contenido

Fecha: 21 de Junio de 2022

Fuente: Concello de Tui

O Conservatorio Profesional de Música de Tui impartirá dende o próximo curso escolar 2022/23 o Grao Elemental. O pasado martes, 14 de xuño, publicouse no DOGA a autorización das ensinanzas elementais de música por parte da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Deste xeito, o centro tudense impartirá ensinanzas regradas elementais de música en quince especialidades instrumentais: piano, guitarra, violín, clarinete, guitarra eléctrica, frauta traversa, gaita, saxofón, percusión, óboe, viola, violonchelo, trompeta, trombón e tuba. As prazas ofertadas en grao elemental están xa completas.

Tanto o equipo directivo do Conservatorio coma o equipo de goberno do Concello de Tui levaban máis de dous anos realizando a tramitación e as ordenanzas precisas para  aposta en marcha deste novo grao, que se suma ao grao Medio, con que xa contaba o centro. Este paso dado suporá unha extraordinaria mellora na calidade e recoñecemento dos estudos musicais realizados no CMUS de Tui.

A incorporación do Grao Elemental é moi festexada por toda a comunidade educativa do centro. Suporá a posibilidade de cursar cada curso oficial do Grao Elemental ao mesmo prezo que na Escola de Música actual, 436.70 euros/curso (36 euros ao mes), e obter así unha certificación oficial válida a todos os efectos a nivel nacional.

A Escola de Música existente, que realizaba a función de Grao Elemental, reestruturarase por completo para ofrecer unha alternativa real e diferenciada que satisfaga as inquedanzas e gustos de todo o alumnado que non desexe cursar unha ensinanza regrada.

Amais a implantación do Grao Elemental e a modificación das dúas ordenanzas municipais que regulan este servizo conleva unha serie de melloras. Por unha banda suporá o acceso gratuíto a unha materia optativa a maiores das do currículo: big band infantil, coro infantil e orquestra infantil este primeiro ano. A partir dos seguintes cursos ofertáranse materias de grupo e combos de música pop, jazz, folk, rock...ademais de outras de interese. Tamén a preparación ao acceso a Grao Profesional para todos os cursos e niveis, así coma novos descontos por dobre matrícula: conservatorio-conservatorio, conservatorio-escola e escola-escola, e a posibilidade de fraccionar o pago da taxa en 3 veces.

As prazas que oferta o Conservatorio de Tui para o Grao Elemental para o curso 2022/23 están xa completas pero aínda e posible matricularse na Escola de Música do centro para preparar o acceso ao Grao Elemental para o curso seguinte.

Coa implantación do Grao Elemental e reestruturación da Escola de Música, o Conservatorio Profesional de Música de Tui ten por obxectivo modernizarse para poder satisfacer todas as inquedanzas e necesidades actuais de todas as persoas de Tui e arredores que desexen aprender e disfrutar da música.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí