Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O consorcio de augas do louro aproba realizar inversions nos catro concellos

O Consorcio de Augas do Louro aprobou o pasado martes inversións en infraestruturas de saneamento e abastecemento por valor de mais de un millón oitocentos mil euros.

O Consorcio de Augas do Louro aprobou o pasado martes inversións en infraestruturas de saneamento e abastecemento por valor de mais de un millón oitocentos mil euros.

Fecha: 03 de Junio de 2016

Fuente: Concello de Tui

O Consorcio de Augas do Louro aprobou o pasado martes inversións en infraestruturas de saneamento e abastecemento por valor de mais de un millón oitocentos mil euros.

A inversión mais importante corresponde ao proxecto de saneamento na parroquia de Entenza, en Salceda de Caselas, que supón unha inversión superior a un millón de euros e terá capacidade para dar servizo a mais de seiscentos habitantes.

Súmase a esta inversión as previstas para retirada e substitución de canalizacións de fibrocemento na rede de abastecemento de O Porriño, a renovación integral de diversas instalacións no sistema de abastecemento de Tui ou unha campaña de renovación de canalizacións de saneamento en Mos.

Por outra banda, o Consorcio aprobou un crédito extraordinario de 578.000 euros que permitirá executar unha rede de saneamento en Gándara, na parroquia de Tameiga (Mos), mellorar o servizo de abastecemento en Caldelas (Tui) e realizar grandes reparacións nas instalacións de saneamento ou abastecemento en O Porriño.

Deste xeito, o importe total de inversións con fondos propios do Consorcio ascende a mais de un millón oitocentos mil euros, todos eles derivados das taxas que se veñen aplicando dende xaneiro de 2014.

O Comité Directivo acordou tamén a posta en funcionamento tanto das canalizacións de saneamento en San Estevo de Budiño, Salceda de Caselas, executadas por Augas de Galicia, como das que percorren o núcleo de O Cerquido en O Porriño. Deste xeito, os usuarios xa poden solicitar a autorización de servizo nas oficinas do Consorcio que se atopan en calquera dos catro concellos.

A esta importante actuación, súmanse as finalizadas pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e Augas de Galicia en 2015 para o saneamento en O Porriño e o bombeo en Areas (Tui).

Finalmente, o Comité Directivo decidiu os catro primeiros premios (un por cada concello) do concurso escolar sobre "O ciclo urbano da auga; unha aventura para valentes". Haberá outros oito premios para os finalistas (dous por cada concello) que se decidirán en función das votacións que reciba cada un dos debuxos seleccionados, paa o cal o Consorcio ten habilitado unha aplicación que se pode utilizar a través da páxina web do Consorcio www.consorciodolouro.es .

O último día de votación será o domingo 5 de xuño, coincidindo co día mundial do medio ambiente.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones