Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Consorcio de Augas do Louro dá un novo impulso ao seu labor divulgativo e convida a visitar as súas instalacións

A día de hoxe pódense coñecer a estación depuradora de augas residuais de Guillarei e a estación de tratamento de auga potable de Os Valos, e ao longo do ano poderase visitar tamén a potabilizadora de As Chans

A día de hoxe pódense coñecer a estación depuradora de augas residuais de Guillarei e a estación de tratamento de auga potable de Os Valos, e ao longo do ano poderase visitar tamén a potabilizadora de As Chans

Etiquetas del contenido

Fecha: 23 de Febrero de 2023

Fuente: Concello de Tui

O venres 13 de marzo de 2020 o CIFP A Granxa, de Ponteareas, realizaba unha visita guiada á estación depuradora de augas residuais de Guillarei.

Foi ao día seguinte, o 14 de marzo de 2020, cando se decretou o estado de alarma pola COVID-19 e comezou un período de confinamento que obrigou ao Consorcio a manter os servizos cos medios mínimos imprescindibles e suspender as vistas as súas instalacións.

Dous anos despois, o 14 de marzo de 2022, o CPR Plurilingüe Losada de Vigo foi a primeira institución educativa en volver ás nosas instalacións, iso si, logo de ter sido tomadas medidas adicionais de seguridade para as/os  50 alumnas/os que percorreron a EDAR de Guillarei ese día.

Durante o ano 2022, 327 visitantes de dez institucións, tan diferentes como as universidades de  Santiago e Vigo ou a Asociación de Xubilados de Salceda de Caselas, achegáronse ás nosas instalacións. O 2023 comeza cun novo impulso ao labor divulgativo logo de que se teña autorizado o acceso de máis de 400 visitantes nos catro primeiros meses do ano.

A día de hoxe pódense coñecer a estación depuradora de augas residuais de Guillarei, en Tui, e a estación de tratamento de auga potable de Os Valos, en Mos. Ao longo do ano poderase visitar tamén a potabilizadora de As Chans, Randufe, no Concello de Tui.

“Queremos achegar á veciñanza a importancia dos sistemas de saneamento e abastecemento, que coñezan como funcionan e a repercusión que teñen que teñen tanto a nivel ambiental como social”, explicou o presidente da entidade, Alejandro Lorenzo.

Para poder visitar estas instalacións pódese descargar o modelo de solicitude na web do Consorcio na dirección https://consorciodolouro.es/gl/area-usuario/impresos

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí