Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Consorcio do Louro non cobrará as taxas de abastecemento e saneamento ás vivendas afectadas pola explosión de Tui

Deste xeito, os veciños afectados non terán que facer fronte ó pago do recibo de maio-xuño de 2018 nin dos seguintes e mentres que as vivendas afectadas non estean rehabilitadas e volvan a ser habitables.

Deste xeito, os veciños afectados non terán que facer fronte ó pago do recibo de maio-xuño de 2018 nin dos seguintes e mentres que as vivendas afectadas non estean rehabilitadas e volvan a ser habitables.

Fecha: 21 de Junio de 2018

Fuente: Consorcio do Louro

Atendendo a solicitude do Concello de Tui, e en base á relación de vivendas afectadas facilitado polo servizo de urbanismo dese Concello, o Comité Directivo do Consorcio do pasado luns acordou por unanimidade tramitar a baixa temporal no padrón de usuarios para aquelas vivendas que quedaron inhabitables a consecuencia da explosión do material pirotécnico de Paramos do pasado 23 de maio.

Deste xeito, os veciños afectados non terán que facer fronte ó pago do recibo de maio-xuño de 2018 nin dos seguintes e mentres que as vivendas afectadas non estean rehabilitadas e volvan a ser habitables.

Consorcio informa ademais que o último recibo emitido a estas vivendas corresponde co bimestre marzo-abril, período no que as vivendas non puideron verse afectadas pola explosión.

O Consorcio mantén ao dispor dos usuarios as oficinas situadas nos catro concellos, o teléfono de atención 24 horas 900810103 e a súa sede electrónica para presentar calquera solicitude, consulta ou reclamación.
 
O CONSORCIO DO LOURO FAI ENTREGA DOS PREMIOS DO III CONCURSO DE DEBUXO INFANTIL

O pasado luns os representantes dos Concellos de Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Tui fixeron entrega dos premios do III Concurso de Debuxo Infantil do Consorcio, que este ano tiña como lema "Auga para Grifus; a emocionante viaxe da auga dende a natureza ata a túa casa".

Os catro primeiros premios, un por Concello, recibiron unha tableta electrónica e os oito finalistas, dous por Concello, recibiron unha cámara acuática.

Os representantes dos Concellos quixeron agradecer a participación dos nenos nesta terceira convocatoria, na que se presentaron preto de 250 debuxos, e resaltaron a importancia de difundir e concienciar da importancia da boa xestión e dun uso responsable dun ben escaso e prezado como é a auga.

Os debuxos gañadores poden consultarse na web do Consorcio www.consorciodolouro.es  
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones