Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Consorcio do Louro restrinxe o 20% o subministro a 85 grandes empresas e prohibe baldeos e regas en fincas particulares

Como segunda medida tense restrinxido o baldeo e rega de parcelas e xardíns privados a todos os usuarios dos catro Concellos.

Como segunda medida tense restrinxido o baldeo e rega de parcelas e xardíns privados a todos os usuarios dos catro Concellos.

Fecha: 22 de Noviembre de 2017

Fuente: Consorcio Augas do Louro

O Consorcio de Augas do Louro ten acordado o pasado día 17 adoptar unha serie de medidas urxentes para aforrar auga, tendo en conta o obxectivo marcado dende Augas de Galicia para reducir un 10% o consumo total no prazo de 10 días, a causa da grave situación de alerta por seca que ten decretado o 3 de outubro.

En primeiro lugar, téñense identificado a 85 grandes consumidores, aos que se lles notificou unha restrición do 20% do volume diario subministrado durante un prazo inicial de 10 días, para o cal se tomaron lecturas iniciais dos contadores de cada empresa. Por outra banda, todos aqueles usuarios que teñan consumido máis de 2.000.000 de litros en 2016 pasarán a pagar a tarifa de usuario non doméstico, medida coa que se pretende fomentar o control detallado dos consumos, a modernización e a eficiencia dos procesos produtivos de cada empresa.

Como segunda medida tense restrinxido o baldeo e rega de parcelas e xardíns privados a todos os usuarios dos catro Concellos.

Esta medida adoitase logo de ter restrinxido, a principios de outubro, o baldeo e rega de zonas públicas e logo de ter intensificado no último mes as inspeccións para detectar e reparar fugas, medidas que teñen permitido aforrar uns 400.000 litros ao día.

Aparte destas actuacións, o Consorcio ten realizado diversas melloras técnicas na potabilizadora de Os Valos, o que permitirá aforrar outros 200.000 litros mais ao día.

O Consorcio solicita a todos os usuarios a máxima colaboración na redución dos consumos para lograr manter unhas reservas de auga que garantan o subministro á poboación o máximo número de días posible.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones