Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR E O CONCELLO DE TUI ANALIZAN AS NECESIDADES DA ESCOLA INFANTIL

O director-xerente do ente e o concelleiro Laureano Alonso estudaron tamén a posibilidade de que o antigo centro de saúde se converta nun centro de día

Durante o encontro, Rodríguez informou ao concelleiro tudense que as humidades serán reparadas proximamente ao atoparse a obra en garantía.

Fecha: 30 de Enero de 2016

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

O director-xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, analizou esta mañá, na Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra, co concelleiro de Tui, Laureano Alonso, os problemas de humidades que presenta a Escola Infantil do municipio.

Durante o encontro, Rodríguez informou ao concelleiro tudense que as humidades serán reparadas proximamente ao atoparse a obra en garantía. "Xa lle fixemos o requirimento oportuno a adxudicataria, aínda que se agardará ao momento máis adecuado para a súa execución, que seguramente será en primavera ou verano, cando os traballos se poidan levar a cabo en boas condicións meteorolóxicas". Esta escola infantil conta con seis unidades e con 82 prazas.

Por outra banda, durante a reunión, tamén se analizou a posibilidade de que o edificio onde se atopa o actual centro de saúde se converta en centro de día, unha vez que abra as súas portas o novo ambulatorio da localidade. Ademais, o concello tamén quere trasladar para estas instalacións o centro de Alzheimer que na actualidade se atopa na Escola de Chans, en Randulfe.

A este respecto, o xerente do Consorcio asegurou que se dará traslado desta solicitude á Consellería de Política Social, de cara a que se poida estudar a viabilidade tanto técnica como económica desta proposta, "xa que estamos a falar duns servizos que requiren que os espazos cumpran cunha normativa moi concreta relativa, en especial, a adaptabilidade". Ademais, tamén recordou Perfecto Rodríguez que o concello de Tui xa conta cun centro sociocomunitario no casco urbano do municipio que ofrece diversos servizos a Tercera Idade.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones