Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Contencioso Administrativo falla a favor do Concello de Tui na concesión do título para legalizar a ampliación do cemiterio de Rebordáns

Na sentenza sinálase que a legalización da ampliación do cemiterio conta con todos os informes técnicos preceptivos tanto da administración local, coma da autonómica.

Na sentenza sinálase que a legalización da ampliación do cemiterio conta con todos os informes técnicos preceptivos tanto da administración local, coma da autonómica.

Etiquetas del contenido

Fecha: 09 de Junio de 2016

Fuente: Concello de Tui

O Xulgado do Contencioso Administrativo nº2 de Pontevedra fallou a favor do Concello de Tui e da Comunidade de Montes Veciñal en Man Común de Rebordáns no recurso presentado pola Asociación de Veciños de Rebordáns e Manuel Goberna Caride, pola concesión do título habilitante para a legación da ampliación do cemiterio da parroquia de Rebordáns por parte do Concello de Tui en Xunta Local de Goberno do 9 de xuño de 2015.

A xuíza no fallo da sentenza inadmite o recurso presentado pola Asociación de Veciños por este acordo da Xunta Local de Goberno, e desestima o interposto por Manuel Goberna Caride, que naquel momento exercía coma presidente do colectivo veciñal. Ao tempo impón as costas do xuízo causadas tanto ao Concello coma á Comunidade de Montes, ata un máximo de 600 euros, a cargo da Asociación de Veciños e do particular. Contra esta sentencia cabe recurso de apelación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Os feitos remóntanse á xullo de 2011 cando José Manuel Sousa Sousa presentou escrito para legalizar a ampliación do cemiterio de Rebordáns, alegando a Asociación de Veciños que non era presidente da mesma nin tiña documento acreditativo para exercer esta representación. A xuiza estima que aínda que dende o Concello non se requiriu documentación acreditativa da representación este defecto non é invalidante do proceso seguido no Concello. Posteriormente a Comunidade de Montes asume a promoción deste expediente, sendo a propietaria dos terreos onde se levou a cabo a ampliación do camposanto.

Na sentenza sinálase que a legalización da ampliación do cemiterio conta con todos os informes técnicos preceptivos tanto da administración local, coma da autonómica. A xuíza estima que na demanda "non existe unha defensa do interese urbanístico, senón que existe unha disputa dentro da Asociación de Veciños" e apunta que a tramitación do expediente administrativo foi "impecable".
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones