Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Correlingua 2017 chega a Tui este luns

Os certames de vídeo e manifesto convocados ao abeiro desta iniciativa foron gañados por alumnado de centros escolares de O Rosal e de Caldas de Reis

Os certames de vídeo e manifesto convocados ao abeiro desta iniciativa foron gañados por alumnado de centros escolares de O Rosal e de Caldas de Reis

Fecha: 15 de Mayo de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

Este ano o Correlingua, que se celebra baixo o lema "En galego, sen cancelas", iniciará o seu percorrido pola provincia o vindeiro martes día 9 en Moaña. Continuará ao día seguinte en Pontevedra, o xoves en Vigo, o luns 15 en Tui e o martes 16 en A Estrada. Hai que lembrar que esta actividade se iniciara no primeiro trimestre do curso escolar coa convocatoria dos concursos, a través dos que o alumnado reflexiona sobre a situación do galego. Nesta edición foron dous os centros escolares da provincia de Pontevedra os que se fixeron con dous dos premios: o alumnado do CPI Manuel Suárez Marquier de O Rosal gañou o certame de vídeo, e o alumnado do CPI Afonso VII de Caldas de Reis no de ‘Manifesto'. O terceiro dos premios, o de Banda Deseñada, gañouno o alumnado do CEIP Manuel Luís Acuña de Ourense.

Hai que lembrar que o Correlingua está organizado pola Mesa pola Normalización Lingüística e pola Asociación Socio Pedagóxica Galega, e que conta coa colaboración de numerosos concellos de todo o país e co das deputacións de A Coruña, Lugo e Pontevedra. Neste sentido, o deputado de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra, Xosé Leal, insiste en que "o Correlingua xa está implantado con éxito en todo o país e en todas as idades, pero segue a ser unha iniciativa moi necesaria para que o noso idioma se manteña vivo na rúa, na familia e na nosa vida cotiá". O Correlingua é unha actividade escolar que dura todo o curso. Iníciase no primeiro trimestre coa convocatoria dos concursos por medio dos cales o alumnado traballa e reflexiona sobre a situación do idioma e crea os seus propios argumentos (manifesto, vídeo, banda deseñada) para defender o seu dereito a vivir e medrar en galego. Finalmente, no terceiro trimestre e no mes de maio, celébranse as carreiras pola lingua que percorren todo o país.

As carreiras son lúdicas e non teñen carácter competitivo, e o seu principal obxectivo é a normalización do uso do galego nos centros escolares. Tanto a través destas actividades como a través dos concursos previos ás carreira, o alumnado introduce cuestións vinculadas coa situación e contexto lingüístico que os rodea nas aulas. Todo este traballo realizado durante varios meses finaliza coa celebración destas carreiras que tradicionalmente se realizan nas dúas semanas anteriores ao Día das Letras Galegas. Son andainas nos que o alumnado aproveita para amosar mensaxes a favor da súa lingua, e que se complementar cos concertos do Cantalingua, o concurso do Correlingua que pretende potenciar aos grupos que cantan en galego.

Correlingua é, ademais, a maior actividade normalizadora do país en canto a duración, extensión e persoas involucradas, e o pasado ano 2016 recibiu o premio Rosalía de Castro a iniciativas normalizadoras.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones