Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

O deporte guardés destaca e goza de boa saúde

Intensa representación de modalidades deportivas e competicións nas que participaron diferentes deportistas da vila, así coma os eventos deportivos nos que os deportistas guardeses destacaron durante a pasada fin de semana

Intensa representación de modalidades deportivas e competicións nas que participaron diferentes deportistas da vila, así coma os eventos deportivos nos que os deportistas guardeses destacaron durante a pasada fin de semana

Fecha: 26 de Julio de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

A actividade deportiva na vila da Guarda sempre tivo boa saúde e mostra disto foi a intensa representación de modalidades deportivas e competicións nas que participaron diferentes deportistas da vila, así coma os eventos deportivos nos que os deportistas guardeses destacaron durante a pasada fin de semana.

Por unha banda o pasado venres día 20 de xullo o Estadio Municipal da Sangriña da Guarda acolleu a "II MOSTRA CD BAIXO MIÑO", un evento multidisciplinar onde realizáronse exhibicións de Judo, Zumba, Pilates e Baile moderno da Escola Marcando Pasos Baixo Miño, todas elas realizadas polos 200 alumnos de dito centro.

O cheo foi absoluto, amosando as gradas unha perspectiva incríbel, cun público entregado que animou aos deportistas ao longo do evento, dende a Concellería de Deportes do Concello da Guarda quérese dar os parabéns á organización deste evento deportivo.

Xa na xornada do Sábado, as pistas deportivas do Centro Cultural da Guarda acolleron a cuarta edición do Torneo de Baloncesto de verán 3x3 Vila da Guarda, que contou coa participación de 12 equipos, destacando a presenza de equipos de toda a xeografía galega, nun torneo que estivo organizado por Baixo Miño Basket e contou coa colaboración da Concellería de Deportes do Concello da Guarda e casas comerciais.

En canto aos éxitos deportivos acadados polos deportistas guardeses na pasada fin de semana destaca a atleta Elsa Pena, que se proclamou o pasado domingo en Ferrol Campiona Galega de triatlón individual e por equipos, unha atleta que segue amosándose intratable na categoría cadete, competindo co Clube Cidade de Lugo Fluvial.

Tamén en atletismo, Sergio Rodríguez acadaba unha marca de 21.92 en 200m no Campionato de España Absoluto celebrado en Getafe, aínda que esta marca non lle permitiu subir ao podio, é todo un orgullo para A Guarda ter a un atleta participando nesta competición.

Por outra banda tamén destacaron na modalidade de Natación Rosalía Soler Lomba, unha rapaza de 18 anos que proclamouse Campiona Galega Absoluta en 50 espalda, 4º en 50 e 100 mariposa, así coma Campiona nos relevos de 4x50 e 4x100 estilos. Tamén o seu irmán Iago Soler Lomba, de 13 anos, participou no Campionato de España celebrado en Sabadell, onde mellorou a súa marca persoal, rematando de 20º na súa categoría en 100 espalda. A nadadora guardesa Noa Baz Baz, de 17 anos de idade acadou a Plata Junior en 4x100 libres, 4x100 estilos e 4x200.

Dende o Concello da Guarda, a través da Concellería de Deportes se quere felicitar a estes deportistas polos seus logros, animando a cidadanía a involucrarse e a realización de práctica deportiva, hábitos saudables e a gozar dos múltiples beneficios do exercicio físico.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí