Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O deputado Carlos Font anuncia unha nova achega da Deputación a Tui a través do Plan Concellos

É unha obra destinada á reparación e reposición da carpintería exterior da Casa do Concello, con cargo á Liña 1 de investimentos do Plan da Deputación de Pontevedra

É unha obra destinada á reparación e reposición da carpintería exterior da Casa do Concello, con cargo á Liña 1 de investimentos do Plan da Deputación de Pontevedra

Fecha: 14 de Noviembre de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

O deputado de Cooperación, Carlos Font, anunciou a aprobación, mediante resolución presidencial, dunha nova partida do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra para Tui destinada a reparar e repoñer a carpintería exterior da Casa do Concello da vila, cun importe total de 48.395,04 euros.

Co proxecto financiado pola institución provincial, se procederá a repoñer elementos que requiren unha intervención urxente, como son as portas de balcóns e fiestras de madeira tratadas con aceites naturais ou pintadas con lasures en branco ou verde, das mesmas dimensión e características das existentes. Dotarase ás mesmas de cristais formados por dous vidros e unha cámara de aire estanca, cumprindo así cos estándares de eficiencia enerxética, reparando tamén elementos danados das portas exteriores da planta ¬-1. En total serán 4 portas de balcóns novas de madeira de castaño e 19 fiestras de diferentes tamaños na mesma madeira, así como a restauración de outras cinco portas situadas en diferentes puntos da Casa do Concello.

"Estes investimentos son de vital importancia para o desenvolvemento dos concellos que reciben financiación para a realización de obras de mellora de diferentes tipos", sinalou o deputado Font. Ademais, en Tui a Deputación xa aprobou outra serie de investimentos con cargo ao Plan Concellos como a elaboración de cartografía six, ortofoto dixital e rede topográfica do Concello, por un importe de 90.000 euros; mellora dos vestiarios do polideportivo municipal, por 59.817,58 euros; a mellora da pavimentación no camiño de acceso ao núcleo da Malladoura, cun presuposto de 49,476,88 euros; a substitución da cuberta na nave de maquinaria do Concello, que ascendeu a 63.120,32 euros; ou a área lúdico recreativa do CEPI Rebordonas, á que se destinaron 42.442,18 euros.

 

A estas partidas da Liña 1, hai que sumarlle outras concedidas a través da Liña 2 por importe de 44.577,61 euros e a contratación de 20 traballadoras, con cargo á Liña 3, cun orzamento de 237.178,67 euros. O Plan Concellos deixou neste ano unha inversión de 1.769.637,16 euros no Concello de Tui, o que supón un incremento do 76,35% con respecto ao exercicio anterior.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones