Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O desentullo da zona afectada pola explosión de Paramos-Tui custará 3.194.772,35 ?

O proxecto, presentado na mañá do sábado, terá un prazo de execución de tres meses

O proxecto, presentado na mañá do sábado, terá un prazo de execución de tres meses

Fecha: 10 de Septiembre de 2018

Fuente: Concello de Tui

Na mañá do pasado sábado foi presentado o proxecto de desentullo da zona afectada pola explosión de Paramos, a presentación correu a cargo do alcalde de Tui Carlos Vázquez Padín, o xerente urbanístico, Rubén Vázquez, e o arquitecto redactor do proxecto, Francisco Valle Rubín. Os obxectivos deste proxecto inclúen a deconstrución das edificacións danadas, a consolidación da mampostería e sillerías antigas o desentullo da zona e transporte de residuos a instalacións autorizadas e o arranxo de muros de peche e portas. O prazo de execución previsto sería de uns tres meses e o custo total incluíndo a obra, os gastos xerais e o proxecto e impostos ascendería a 3.194.772 €.

Para a realización da planimetría do proxecto a empresa contratada utilizou una tecnoloxía punteira empregando drons que van tomando referencias desde o aire e marcando con puntos sobre o plano cada unha das edificacións, muros, e volumes de todo tipo para crear unha nube de puntos que máis tarde se poden visualizar en tres dimensións. Os traballo previos a este proxecto consistiron na retirada de materiais proxectados pola explosión , repartidos nunha área de 60.000 metros cadrados, unha vez rematada esa retirada a denominada zona cero quedou acotada cunha superficie final de 25.000 metros, unha redución considerable que permitiu centrar o proxecto de desentullo de xeito importante. As vivendas que terán que ser reconstruídas son un total de 31 , quedando 24 edificacións dentro do novo perímetro e sete fora del, desas edificacións o redor de dez terán que ser construídas de novo e o resto poderán ser reconstruídas en parte ou totalmente. Indicaba o xerente urbanístico Rubén Vázquez , que no caso de algunhas parcelas, chegouse a un acordo entre propietarios para unilas e redistribuír a superficie das mesmas co fin de facilitar a reconstrución.

O próximo luns este proxecto de desentullo será entregado na subdelegación do goberno, e a partir dese momento será o goberno central o responsable de executalo.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones