Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Día do Libro centra as actividades desta semana na Guarda

Contará coa presentación dunha novela histórica, contacontos infantil e desconto nas librerías durante o fin de semana.

Contará coa presentación dunha novela histórica, contacontos infantil e desconto nas librerías durante o fin de semana.

Etiquetas del contenido

Fecha: 22 de Abril de 2023

Fuente: Concello da Guarda

A Guarda continúa coas celebracións do Mes do libro concentrando diversas propostas literarias e a campaña comercial a Ruta do Libro. Chegado a seu punto medio, nesta semana concéntranse diferentes propostas co que sen dúbida é o prato forte: o desconto do 10% na compra de libros durante o fin de semana. Coñezamos en detalle a programación de cada unha delas.

O venres 21 de abril ás 20:30h o escritor Samuel Ferro presentará no Centro Cultural o libro ““Tierra de leyenda I, El legado de Breogán”. Unha novela ambientada  na Galicia medieval que aborda as penurias de Martín, un rapaz de 1351 que se ve obrigado a sobrevivir como pode, e maiormente ao marxe da lei. Tui, Salvaterra e A Guarda serán lugares onde se centre parte da acción desta historia.

A mañá do sábado 22 estará adicada ás crianzas e familias co Contacontos “Lucinda e o inspector Vinagre”, ás 12:30h na Biblioteca Municipal. Un evento lúdico e de lecer que mediante a música, a danza, a manipulación de obxectos e a narración afondará nos valores e emocións relacionados coa flexibilidade, a tolerancia, a agresividade ou o amor. O espectáculo está pensado dende unha dimensión educativa e participativa na que se integra a toda a familia, as idades recomendadas para as crianzas é entre 3 e 7anos.

A actividade correrá a cargo de Maga de Voz, cooperativa liderada por Cristal Méndez e Paolo Rosi, que se ocupa do desenvolvemento e benestar das persoas a través das artes escénicas (música, danza, teatro), e que está especializada no canto moderno e na cantoterapia.

O domingo 23 de abril ás 18:00h da tarde a Igrexa Parroquial acolle o concerto “Se cantas es ti que cantas…”, a cargo do coro Cantares de Brueiro capitaneado por Tino Baz e no que os asistentes poderán gozar dun concerto elaborado con moito agarimo e paixón. Neste concerto Cantares do Bueiro se centra na música tradicional popular galega, misturada con pezas propias e clásicas galegas de autores e autoras moi coñecidas por todos e todas, seguindo a liña marcada dende os seus inicios alá polo ano 2014.

Mais sen dúdiba o plato forte terá lugar durante todo o fin de semana, ao poder mercar os libros cun 10% de desconto mais d agasallo dunha rosa, tanto na xornada do sábado 22 o domingo 23.

Lembramos que a Ruta do Libro, coa que se pode conseguir unha bonita mochila de tela coa imaxe da campaña polo gasto de 30€ en libros, seguirá activa ata o 30 de abril. Dirixíndose os lectores ata a Biblioteca Municipal en horario de 17h. A 20h. De luns a venres, onde poderán canxear o seu ticket polo agasallo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí