Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O edifico xudicial de Tui mellorará a súa eficiencia enerxética

O xefe territorial de Presidencia, Ramón Pereiro comprobou tecnicamente as necesidades destas instalacións

O xefe territorial de Presidencia, Ramón Pereiro comprobou tecnicamente as necesidades destas instalacións

Fecha: 31 de Agosto de 2016

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

O xefe territorial de Presidencia en Pontevedra, Ramón Pereiro, visitou, esta mañá, os xulgados de Tui para coñecer tecnicamente a situación actual do edificio destacando a posta en marcha nas próximas semanas de obras de mellora que permitirán gañar en eficiencia enerxética.

Pereiro estivo acompañado nesta visita pola xefa do Servizo de Xustiza, Marta Mariño, e polo xefe do Servizo de Obras e Infraestruturas Administrativas, José Manuel Rodríguez Ruibal.

"Estamos a traballar para buscar solución a un dos problemas máis habituais que é a da situación climatolóxica do edificio de cara a mellorar a calidade de habitabilidade deste edificio para funcionarios e usuarios", explicou Ramón Pereiro.

En concreto, destinaranse 30.000 euros para a substitución de vidros e fiestras en todo o edificio xudicial de Tui, "xa que o goberno galego considera fundamental dispoñer de infraestruturas xudiciais de calidade, acordes coas necesidades dos profesionais do sector e que permitan dar un axeitado servizo á cidadanía. Por esta razón, estamos asignando importantes recursos ao mantemento e mellora dos xulgados da provincia, como o de Tui, co fin de manter estas edificacións en óptimas condicións de utilización".

Estas obras se atopan incluídas no plan de eficiencia e aforro 2016-18 que ten coma obxectivo optimizar o aproveitamento enerxético dos edificio xudiciais de toda Galicia. Xa nos anos 2014-15, a Consellería de Presidencia, Administración Públicas e Xustiza levou a cabo actuacións en materia de eficiencia enerxética en sedes xudiciais, centrándose na substitución de caldeiras de combustibles convencionais por caldeiras de biomasa, entre outras en Marín e Tui.

"Coas obras que se van a executar nos xulgados da provincia o que se pretende facer é optimizar o aproveitamento enerxético, con medidas encamiñadas a promover o aproveitamento eficiente da enerxía e con apoio á xeración de enerxía con menores emisións de gases contaminantes á atmosfera a través de enerxías renovables", engadiu Pereiro. En total, en Galicia investiranse 2,4 millóns de euros, dos cales 213.500 corresponderán á provincia de Pontevedra.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones