Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O EQUIPO A GUARDA HOCKEY LIÑA TENTA BUSCAR, SEN ÉXITO, ALTERNATIVAS Ó PAVILLÓN DAS SOLANAS

Trala negativa do uso das instalacións do Pavillón da Sangriña, continúan a xogar e entrenar no Pavillón das solanas, sen servizos básicos coma vestiarios

Partido de A Guarda Hockey Liña no Pavillón de Bouzas en Vigo, onde ademáis se practican outros deportes coma hockey,

Fecha: 03 de Febrero de 2016

Fuente: A Guarda Hockey Liña

A pasada semana e aproveitando a inminente celebración do Consello Escolar do Colexio A Sangriña, o clube A Guarda Hockey Liña presentou solicitude para o uso do pavillón polideportivo do Colexio.

Sen chegar a ser unha solución completa as eivas de carencia de recursos e instalacións adaptadas a disciplina, este cambio de ubicación dos adestramentos de A Guarda Hockey Liña sería unha seria mellora pola maior calidade da superficie da pista e por poder facer uso da zona de vestiarios (por incrible que pareza nos tempos nos que vivimos este equipo segue adestrando sen vestiarios e sen duchas).

Presentada a solicitude e vista a boa predisposición da Dirección do Colexio, o pasado martes día 26 de xaneiro programamos o adestramento no pavillón da Sangriña, a espera de obter o beneplácito do Consello Escolar para poder adestrar alí.

Reunido ese mesmo día o Consello Escolar decide non aceptar a nosa solicitude, argumentando que a superficie do pavillón sufrirá desperfectos por culpa de patinar sobre ela. A pesares de isto recibimos permiso para poder adestrar ese día alí e poder probala pista.

Recibimos con resignación este novo revés na evolución desta disciplina no pobo da Guarda, sendo plenamente conscientes de que se trata claramente de pura ignorancia, xa que en múltiples ocasións en outras vilas e cidades temos adestrado e competido sobre a mesma superficie de parquet na que se practican outros deportes coma patinaxe artístico, balonmán, baloncesto, baloncesto adaptado, fútbol sala, entre outros. Estamos seguros de que se solicitamos un certificado de usos ó instalador da pista, a mesma estará indicada para a práctica da patinaxe e o hockey.

Polo tanto o clube A Guarda Hockey Liña continuará adestrando no pavillón Antonino Torrón do Colexio As Solanas, sobre cemento pulido, sen vestiarios e a espera da tan necesaria obra de mellora da cuberta do Pavillón, que provoca numerosas pingueiras nos días de choivas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones