Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O exterior da Catedral centra a nova visita guiada ao patrimonio tudense

Será o martes a cargo da profesora da Universidade de Santiago, Marta Cendón

Será o martes a cargo da profesora da Universidade de Santiago, Marta Cendón

Etiquetas del contenido

Fecha: 22 de Agosto de 2023

Fuente: Concello de Tui

Este martes continua o programa de visitas guiadas “Coñece o noso patrimonio” que están a percorrer diversos elementos patrimoniais da nosa cidade organizadas polo Instituto de Estudios Tudenses en colaboración co Concello de Tui. O obxectivo é facilitar un achegamento a diversos espazos patrimoniais tudenses dan de  especialistas

Mañá martes ás 20.00 horas a profesora de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela, Marta Cendón Fernández, guiará unha visita denominada “A catedral de Tui no medievo. Un percorrido exterior a través do románico e o gótico”.

A historiadora tudense licenciouse en 1989 coa especialidade de Arte Antiga e Medieval; Doutora pola Universidade de Santiago de Compostela coa teses sobre  “Iconografía funeraria del obispo en la Castilla de los Trastámara” (1995) dirixida por Dr. Manuel Núñez Rodríguez. Ademais, realizou estudos en Estrasburgo, Madrid, París e Perugia. Ten realizados diversos traballos de investigación recollidos en diversos libros e numerosos artigos. Entre os seus libros destaca "La catedral de Tui en época medieval". Marta Cendón é unha das maiores especialistas na arte de época medieval en Galicia.

A concelleira de Patrimonio e Turismo, Ana María Núñez Álvarez agradece este iniciativa do Instituto de Estudios tudenses que promove un achegamento aos bens patrimoniais tudenses contribuíndo a súa promoción e difusión.

As prazas están xa completas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí