Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Festival Play-Doc de Tui recibirá 13.384 euros da Deputación de Pontevedra

Esta liña de axudas está dotada con 80.000 euros co obxecto de contribuír ao mantemento, impulso e estabilidade deste tipo de festivais

Esta liña de axudas está dotada con 80.000 euros co obxecto de contribuír ao mantemento, impulso e estabilidade deste tipo de festivais | Foto: Tamara de la Fuente

Fecha: 03 de Junio de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Xunta do Goberno provincial vén de aprobar a resolución da liña de axudas para entidades sen ánimo de lucro para o apoio ao desenvolvemento de festivais audiovisuais na provincia de Pontevedra para o ano 2017. Resultaron aprobadas sete solicitudes que optaron aos 80.000 euros que contempla esta liña. Así apóiase o XIV Festival de Cans cunha contía de 13.834 euros, o FIC Bueu 2017 con 13.448 euros, o Curtas Film Fest de Vilagarcía con 13.448 euros, o XIII Play-Doc de Tui con 13.384 euros, o Festival Novos Cinemas de Pontevedra con 9.935 euros, o VI Festival Primavera de Cine de Vigo con 9.060 euros, e o III Festival de Curtas Armadiña de Poio con 6.809 euros.

Esta nova liña de axudas, que foi convocada por primeira vez neste exercicio, responde ás demandas das asociacións organizadoras dos principais festivais de curtas, documentais e cinema que se organizan na provincia, e que reclamaban unha liña estable de axudas con criterios obxectivables estables e transparentes. A este respecto, o deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal indica que "esta convocatoria era moi necesaria para establecer un marco estable de axudas á promoción e á posta en valor do noso cinema e do noso audiovisual, por tratarse dun patrimonio que debemos apoiar e polo que debemos apostar desde a Administración da man dos colectivos que apostan pola súa exhibición a través de eventos de calidade e xa consolidados". Con esta convocatoria, ademais de facer unha aposta decidida polo mantemento, impulso e estabilidade deste tipo de certames, inclúense criterios de publicidade, concorrencia, obxectividade e transparencia.

Os requisitos esixidos na convocatoria establecen que os festivais se leven a cabo durante o ano 2017, que teñan unha duración mínima de catro xornadas e realizar un mínimo de 20 proxeccións, que un mínimo do 10% dos títulos sexan de produción ou dirección galega, que inclúa actividades paralelas educativas ou formativas, e que empreguen como mínimo a lingua galega na comunicación e no seu desenvolvemento. Na valoración das solicitudes tíverose en conta criterios como a calidade da programación atendendo a premios ou nominacións; o número de espectadores do ano anterior; as actividades paralelas realizadas na anterior edición; e a viabilidade do proxecto tendo en conta achegas doutra entidades e patrocinios. Tamén se valoraron o número de edicións xa realizadas, as actividades paralelas previstas para a edición 2017 e a previsión orzamentaria para o ano da solicitude.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones