Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

O Galifornia Beat chega esta fin de semana a súa V edición

O Skate Park Atalaia do Porto da Guarda e arredores acollen dende este venres día 2 de agosto a V edición do Galifornia Beat

O Skate Park Atalaia do Porto da Guarda e arredores acollen dende este venres día 2 de agosto a V edición do Galifornia Beat

Fecha: 03 de Agosto de 2019

Fuente: Concello da Guarda

O pasado luns día 29 de xullo a Casa dos Alonsos acolleu a presentación oficial da V edición do Galifornia Beat, contando coas intervencións do Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, a Concelleira de Deportes, Montserrat Magallanes, e unha representación dos organizadores deste evento multicultural.

Antonio Lomba resaltou que o Galifornia é un evento que ben merece o apoio institucional, non só pola gran cantidade de público asistente en cada edición, senón pola variedade de actividades e disciplinas deportivas, conxugadas con arte urbano e outras manifestacións artísticas, o que lle da un atractivo singular e especial.

Pola súa banda Montserrat Magallanes quixo destacar o traballo realizado dende o Concello para ter nestes intres unhas instalacións deportivas axeitadas e acorde as demandas dun colectivo en auxe na vila, valorando moi positivamente a realización deste tipo de eventos deportivos na vila, o que demostra que a práctica deportiva é un nexo de unión para moitas xeracións na Guarda e repercute favorablemente en hábitos saudables.

O Skate Park Atalaia do Porto da Guarda e arredores acollen dende este venres día 2 de agosto a V edición do Galifornia Beat, un evento multicultural que se estenderá ata a xornada do sábado día 3 de agosto e que contará con concertos, exhibicións deportivas, oferta gastronómica e moito máis.

Contando cunha superficie total de 30,000 metros cuadrados, a Asociación Cultural Galifornia Beat, organizadora do evento, traballa arreo para ter todo preparado para esta fin de semana.

O V Galifornia Beat arranca o venres ás 14:00h coa apertura da pista para a práctica libre deportiva, ás 19:00h terá lugar o Best Trick, seguido da batalla de gallos e concertos a partires das 22:00h coas actuacións dos grupos Hugx & Holden, Fast Fuzz, Samesugas, Los Bengala e The Pretty Shirts.

Xa na xornada do sábado entre as 10:00h e as 11:00h abriranse as inscricións para o aberto e Open SUB-14 e Basket. Ás 11:00h da mañá terán lugar as primeiras competicións co Basket e o Open SUB-14.

Ás 12:30h realizarase a Skateboard School, unha escola de skate para nenos e nenas na que un profesional ensinará aos máis pequenos como iniciarse na práctica do skateboarding.

Ás 13:00h o grupo Indy Tumbita & The Voodoo Bandits serán os encargados, xunto cun dj, de amenizar unha sesión vermú.

A partires das 16:00h terá lugar o Open de Skate e o Open de Street, seguido dunha exhibición de Trial do rosaleiro Gabri Marcelli ás 18:30h.

Ás 19:00h celebrarase o Open de Bowl e ás 21:00h a entrega de premios e o arranque dos concertos que terán lugar coas actuacións dos grupos Spoonfull e The Soul Jacket.

 


PROGRAMACIÓN:

Venres día 2:
14:00 Apertura de pista
19:00 Best trick
20:00 Batalla de Galos + Home Fósforo X Zboy
22:00 Concertos: Hugx & Holden, Fast Fuzz, Samesugas, Los Bengala e The Pretty
Shirts
Afterparty As Pozas: Sesión Dj

Sábado día 3:
10:00/11:00 Inscripcións abertas e Open SUB-14 e Basket
11:00 Competición Basket e SUB-14
12:30 Skateboard School
13:00 Concerto Sesión Vermut: Indy Tumbita & The Voodoo Bandits + Dj (sesión
vinilo)
16:00 Open Skate
17:00 Open Street
18:30 Exhibición Trial Marcelli
19:00 Open Bowl
21:00 Entrega de premios e Concertos: Spoonful e The Soul Jacket
Afterparty As Pozas: Sesión Dj

Dende o Concello da Guarda convídase a participar e gozar da ampla programación de actividades desta V edición do Galifornia Beat, un evento que xa se consolida no calendario estival da vila guardesa.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí