Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O GES DE A GUARDA ACTÚA EN CASE UN MILLEIRO DE INCIDENCIAS Ó LONGO DO ANO

Sitúase coma un dos máis activos de Galicia con 974 incidencias no último ano

O GES de A Guarda interven en incidencias de toda índole nos municipios de A Guarda, Oia, O Rosal e Tomiño

Fecha: 16 de Noviembre de 2015

Fuente: Infomiño.com

O GES de A Guarda ven de presentar o balance da súa actividade no último ano, cun total de 974 incidencias atendidas entre outubro de 2014 e outubro de 2015.

A INTENSA VIDA DOS GES EN GALICIA

Os Grupos de Emerxencia Supramunicipais naceron froito dun convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e as deputacións provinciais. Sitúanse estratexicamente en 24 sedes, e o seu carácter supramunicipal, permítelles ofrecer cobertura, xunto cos demais servizos de emerxencia, a mais do 90 % da poboación galega. Accidentes de circulación e prevención de incendios supuxeron máis da metade da actividade dos GES desde 2013, o ano no que foron creados. O GES de A Guarda ten a súa base na Sangriña en A Guarda, traballando na actualidade un equipo humano de 12 profesionais, contando cun Camión urbano con capacidade de 1500 litros equipado con equipo de excarcelación, incendios urbanos e forestais e outros rescates, dous todoterrenos e un remolque con bomba de achique, xerador eléctrico e outros. A ampliación  e renovación do material existente é unha das demanadas principais para poder levar a cabo as súas tarefas nas mellores condicións de seguridade.

Das intervencións levadas a cabo polo GES de A Guarda, destacan os Accidentes de tráfico(Asistencia a vehículos, Dirección e sinalamento do trafico, Limpeza de vías, Accidentes con excarceracións, Accidentes con mercadorías perigosas, Asistencia sanitaria, Retirada de árbores...); a Extinción de Incendios(Incendios forestais, Incendios urbanos, Incendios industriais, Incendios en vehículos...); Prevención de Incendios(Rozas, Limpeza de maleza, Vixilancia...); Protección Civil(Busca de persoas desaparecidas, Rescates e salvamento, Actividades do Plan NEGA, Actividades do Plan SAPRAGA, Plan de Inundacións, Simulacros, Animais feridos ou mortos...) e outros riscos(Escapes de gas, Material eléctrico, Riscos laborais, Apertura de portas...). 

O ámbito de actuación do G.E.S, agrupa os concellos de A Guarda, Oia, O Rosal e Tomiño, algún deles afectados polo río máis importante de Galicia, como é o río Miño, sen olvidarnos dos seus afluentes, así como afectados por zona de costa marítima bañada polo océano Atlántico, e mesmo alguhas zonas de especial rísco como é a desembocadura do río Miño na Guarda. 

Os concellos de A Guarda, O Rosal, Oia e Tomiño foron declarados ZAR (ZONAS DE ALTO RISCO DE INCENDIOS). Na clasificación de parroquias de alta actividade incendiaria por número.

Na zona de actuación atópase unha extensa masa forestal, de montes privados, mancomunados, e terreos públicos en zona forestal, e non é solo a extensión destas masas, se non tamén os diferentes puntos de alto valor medioambiental e sociocultural, como é monte Trega, na Guarda, a segunda zona máis visitada de Galicia, ou as Sobreiras do Faro en Mougás, Oia, considerado como EPIN (Espacio Privado de Interes Natural), aparte de que a maioria das masas forestais están consideradas ZEPVN e ZEC (Zonas de Especial Conservación).

Non nos podemos esquecer, dos diferentes ríscos que se viven acotio, como son os incendios urbáns…, accidentes de tráfico, e outros rescates de moi diversas naturezas, como a afluencia de todo ano de peregrinos polo Camiño da Costa.


Tamén temos que ter en conta, que as zonas do ámbito de actuación, son azotadas todos os anos por unhas cantas cicloxénesis explosivas e os propios invernos de Galicia, sendo na época invernal cando este rísco ocupa un gran número de incidencias, e sendo causante de moitas outras.

No segundo ano de existencia o G.E.S de A Guarda tivo unhas 974 intervencións no seu ambito de actuación( A GUARDA, TOMIÑO, O ROSAL E OIA), según datos oficiáis do CAE 112:

INFORME DE ACTIVIDADES GES DE A GUARDA

15/09/2014

15/09/2015

Accidentes

174

Animales

144

G. medioambiental

1

Incendios

50

Incid. de circulación

120

Información

12

Operativos

365

Otros

15

Riesgos

48

Salvamento/rescate

29

Sanitario

10

Seguridad

6

TOTAL

974

Na zona de cobertura do GES de A Guarda non se tiveron que lamentar vítimas mortais no exercicio 2014-2015 por incendios urbáns, pero si persoas afectadas por intoxicacións de gases e queimaduras. 

Neste segundo ano de operatividad do GES, as intervencions en incendios forestais incrementáronse con respeto ao exercicio anterior. Cabe destacar por outro lado, que a maior parte destes incendios lográronse controlar na súa primeira fase.

Dende o 15 de setembro do 2014 ao 15 de setembro do 2015 o GES de A Guarda intervíu en 294 accidentes de diversa gravidade, os que cabe lamentar 4 vítimas mortais (3 producidas no concello de Oia e 1 no concello de Tomiño).
A PO-552 é declarada como tramo con especial perigosidad pola DGT,é das principáies arterias da comarca, atravesando os Concellos de Oia, O Rosal, A Guarda, Tomiño y Tui. Rexistra un gran número de accidentes o longo do ano, tristemente alguns deles con víctimas mortáis. 

O G.E.S. de A Guarda ten incrementado en 31 intervencións as realacionadas con animais, chegando no 2015 a un total de 144 intervencións, moitas das cales foron causa dalgún accidente ou incidente de circulación.

Algunas intervencións:


 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones