Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O GOBERNO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA REXEITA AS DECLARACIÓNS DO PP SOBRE O RALLY RIAS BAIXAS

Non hai presión posible para que nos saltemos a transparencia, a concorrencia e a legalidade

Non hai presión posible para que nos saltemos a transparencia, a concorrencia e a legalidade

Fecha: 25 de Enero de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

O portavoz do Grupo socialista na Deputación de Pontevedra, Santos Héctor Rodríguez, cualificou de "impresentable" a actitude do Partido Popular así como as súas declaracións sobre as axudas á organización do Rallye Rías Baixas. "O PP esta pedindo á Deputación que cometa unha arbitrariedade. Está pedindo que deamos unha axuda saltándonos a convocatoria pública de subvencións na que poden participar todos as organizacións deportivas da provincia. Iso acabou. As axudas a dedo sen convocatorias públicas deixaron de existir na Deputación de Pontevedra. Agora todo se fai por concorrencia, con legalidade, transparencia e en igualdade de condicións"

Rodríguez lembra que a Deputación de Pontevedra nunca se negou a apoiar ao Rallye Rías Baixas. "Os organizadores do rallye saben, e así o recoñeceron públicamente, que poderán acceder a esas axudas en concorrencia co resto das peticións que expoñen todos os clubs e organizacións deportivas da provincia. Dixemos con claridade aos organizadores do rallye que poderán ter apoio da institución provincial concorrendo con todos os demais á convocatoria pública que temos en marcha. Todos poden acceder ás axudas. Os organizadores do rallye, tamén, pero en igualdade de condicións que o resto"

O portavoz do Grupo socialista subliñou que o modelo que implantou o novo Goberno provincial nada ten que ver co anterior. "A arbitrariedade e a asignación de fondos públicos a dedo non ten cabida na nova política que aplica a nova Deputación de Pontevedra. O PP esíxenos que tomemos unha decisión arbitraria e inmoral e non o imos facer. Non hai presión posible para que nos saltemos a transparencia, a concorrencia e a legalidade"

Santos Héctor Rodríguez asegura, ademais, que "o PP esta pedindo que fagamos algo que non ten cabida na lei de subvencións e eles sábeno perfectamente aínda que o practicaran. Para nós todos os deportes e as súas organizacións son iguais e ninguén vai ter un trato especial. Todos poderán acceder ás axudas públicas. A lei e os criterios obxectivos son os cimentos nos que baseamos as nosas decisións. O amiguísimo, a arbitrariedade e a libre disposición de recursos desapareceron da Deputación de Pontevedra"

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones