Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O GOBERNO GALEGO APOIA A LINGUA PROPIA DE GALICIA COMO VANTAXE EMPRESARIAL COMPETITIVA NO ÁMBITO DA LUSOFONÍA

En virtude da Lei 1/2014 para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía o executivo galego contempla na súa axenda de traballo accións estratéxicas de promoción das relacións cos países de fala portuguesa

Exportar en Galego é a primeira plataforma activa que ofrece información de carácter económico e empresarial centrada nos países de fala portuguesa.

Fecha: 21 de Febrero de 2015

Fuente: Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia apoia a lingua propia do noso país como vantaxe empresarial competitiva nos países de fala portuguesa. No marco do desenvolvemento da Lei 1/2014 para o aproveitamento da lingua protuguesa e vínculos coa lusofonía, o executivo galego contempla na súa axenda de traballo accións estratéxicas de promoción das relacións cos países de fala portuguesa. Unha delas é a campaña Exportar en Galego, impulsada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración coa Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE), dentro da que se poñen en marcha agora dúas novas ferramentas que o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou esta mañá: a plataforma www.exportarengalego.gal e mais o buscador Paz-Andrade, ambas as dúas orientadas a favorecer o uso do galego na internacionalización das nosas empresas.

 

Máis de 200 millóns de falantes

García Gómez agradeceu a acollida da Cámara de Comercio de Tui para a celebración do acto e animou o empresariado alí presente a aproveitar, "tanto a interesante información que a plataforma Exportar en Galego e o seu buscador Paz-Andrade lles ofrecen, como a vantaxe que supón contarmos cunha lingua próxima á dos 217 millóns de falantes da lusofonía".  O secretario xeral de Política Lingüística evocou o exemplo do empresario e galeguista Valentín Paz-Andrade, cuxo nome leva o buscador que se presentou hoxe, para asegurar que "o dominio do galego pode favorecer, en países emerxentes cun peso económico cada vez máis importante, esa comunicación áxil e xeradora de confianza que tantas veces é determinante á hora de pechar un negocio".

 

No acto, acompañaron a Valentín García o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez; o presidente da Câmara Municipal de Valença do Minho, Jorge Salgueiro Mendes; o secretario da FEGAPE, David Sobral Pidre; o presidente e o vicepresidente da Cámara de Comercio de Tui, os empresarios Gumersindo Alonso Gestoso e José María Fonseca Moretón, respectivamente.

 

Un banco de datos específico

Exportar en Galego é a primeira plataforma activa que ofrece información de carácter económico e empresarial centrada nos países de fala portuguesa. Inclúe o buscador Paz-Andrade -un auténtico banco de datos con información específica sobre mercados, sectores de actividade e oportunidades de negocio- e mostra o potencial da lingua galega como elemento facilitador dunha comunicación fluída, peza chave en calquera proceso de internacionalización.

 

Trátase dunha ferramenta enmarcada na campaña do mesmo nome e xurdida a partir da aprobación, en marzo de 2014, da Lei 1/2014 para o aproveitamento da lingua portuguesa e dos vínculos coa lusofonía -a coñecida como Lei Paz-Andrade aprobada por unanimidade no Parlamento de Galicia a raíz dunha proposición de lei de iniciativa lexislativa popular avalada por 17000 sinaturas-, que ten como obxectivo aproveitar a vantaxe lingüística do galego na Comunidade de Países de Lingua Portuguesa.

 

Ao mesmo tempo, Exportar en Galego entronca coas directrices estratéxicas emanadas do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (2004) que sinalan dentro do ámbito económico que, dado que a proximidade lingüística cos países lusófonos favorece a intelixibilidade do noso idioma na relación comercial cos países veciños, cómpre incidir na atención ao mercado portugués.

 

Campaña ‘Exportar en Galego'

A campaña "Exportar en Galego", da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da FEGAPE, avanza na súa andaina para favorecer o uso da lingua galega na internacionalización das empresas coa presentación da súa plataforma e do buscador Paz-Andrade. A campaña botou a andar no ano 2013 coa publicación da Guía para a exportación a países de lingua portuguesa e dálle continuidade a outra anterior, O galego, chave para os teus negocios do mundo, posta en marcha polas mesmas entidades no 2012 co fin de promover a utilización do galego como lingua dos negocios tanto dentro como fóra de Galicia.

 

Toda a información en www.lingua.gal.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones