Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O goberno municipal de Tui peonaliza definitivamente a zona de intramuros no conxunto histórico de Tui

Esta medida marcará un punto de inflexión nesta zona propiciando a súa conservación, posta en valor e promoción

Esta medida marcará un punto de inflexión nesta zona propiciando a súa conservación, posta en valor e promoción

Fecha: 03 de Julio de 2017

Fuente: Concello de Tui

A zona de intramuros do conxunto historico de Tui é peonil de forma permanente todos os días da semana. O equipo de goberno de Tui vén de aplicar o Plan de Peonalización de xeito definitivo tras unha primeira fase experimental que se levou a cabo ao longo de catro fins de semana.
 
Esta medida marcará un punto de inflexión na conservación, posta en valor e promoción desta zona da cidade declarada Ben de Interese Cultural no ano 1968, e que atesoura un importante valor cultural e patrimonial. Este espazo recupérase agora novamente para os peóns e coma punto de encontro para os veciños. Ao tempo a retirada da mesma dos vehículos diminuirá a contaminación ambiental, e reforzará as súa habitabilidade, e as súas posibilidades turísticas e comerciais.

De agora en diante, todos os días, o acceso en vehículos á zona de intramuros limitarase a residentes, propietarios non residentes, establecementos, servizos e permisos especiais, para labores de carga e descarga cun máximo de estacionamento de quince minutos. Amais as zonas verdes - situadas na rúa Ordóñez, Bispo Lago, Cantón de Diomedes, Piñeiro, Martínez Padín dende o cruzamento co Arrabal ata a Avenida de Portugal, e o Paseo Fluvial, serán para aparcamento exclusivo para residentes no conxunto histórico (R) e os residentes nas propias zonas verdes (RE). Dende o Concello de Tui faise un chamamento á cidadanía a respectar as zonas verdes, ao tempo que se advirte que coa entrada en vigor definitiva da peonalización comezaranse a impor as sancións recollidas na Ordenanza Reguladora. No caso de rexistrarse algunha incidencia no acceso por parte dos vehículos autorizados estes poden comunicala á Policía Local no 986 60 36 77.

Coa peonalización definitiva nas próximas semanas, e contando sempre coa autorización da Dirección Xeral de Patrimonio, acometeranse unha serie de melloras no conxunto histórico coma a instalación de mobiliario urbano - papeleiras e bancos - e a retirada de bolardos ou sinais de tráfico existentes en distintas rúas que ao ser peonís deixan de ter unha función.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones