Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O goberno municipal fai un chamamento aos grupos da oposición para acordar unha folla de ruta para combater o deterioro do conxunto histórico

Entre as primeiras medidas adoptadas está a ampliación do horario da Oficina da Área de Rehabilitación Integral

Entre as primeiras medidas adoptadas está a ampliación do horario da Oficina da Área de Rehabilitación Integral

Fecha: 15 de Enero de 2018

Fuente: Concello de Tui

O goberno municipal de Tui considera a rehabilitación do conxunto histórico unha prioridade transcendental, que debe ser abordada sen demora. Como medida inmediata xa posta en marcha desde a primeira semana deste ano 2018, destaca a ampliación do horario de atención da Oficina da Área de Rehabilitación Integral, ARI, cuxa técnica ampliará os días de atención, pasando de atender so os xoves, a facelo tamén os martes, ambos de 9 a 14h.


O alcalde, Carlos Vázquez Padín, considera que "é un labor de todos ver o conxunto histórico como a grande oportunidade económica de Tui". Apunta nese senso que "se conseguimos impulsar a súa rehabilitación son moitos os postos de traballo asociados á súa reconstrución, e unha zona monumental en boas condicións, sería fonte de emprego permanente. O conxunto histórico é posiblemente o maior activo de Tui, de todos depende aproveitalo, pensando en positivo, pensando no futuro".


Sinala o rexedor que "combater o deterioro de amplas zonas do conxunto histórico debe ser no futuro unha prioridade transversal, unha prioridade de cidade, que comprometa de maneira firme e decidida a todos os grupos municipais, un asunto de cidade, que ten que estar por riba das loitas partidistas". É por iso que desde o goberno consideran que sería moi positivo establecer unha folla de ruta compartida para garantir o seu cumprimento, sen que un asunto desta importancia crucial dependa so da vontade política do gobernante do momento.


O alcalde, Carlos Vázquez Padín convocará nos próximos días, aos catro voceiros da oposición para tratar, xunto co concelleiro de Patrimonio, Eduardo Freiría, a necesidade de marcar unha folla de ruta clara e compartida por todos os grupos municipais no combate ao estado de degradación no que se encontran numerosas casas do conxunto histórico. Desde o goberno municipal entenden que debe haber un consenso neste sentido, unha folla de ruta compartida que tome como instrumentos fundamentais, a potenciación da ARI, a aprobación definitiva do PEPCHA ao longo do 2018 e a aplicación da nova Lei autonómica de rehabilitación e rexeneración urbanas de Galicia en canto sexa definitivamente promulgada.

Engade Carlos Vázquez Padín que "a vontade de diálogo é firme, só cun acordo moi amplo poderá o concello de Tui convencer a Goberno Central, Xunta e Deputación que a recuperación do conxunto histórico de Tui, non é só un asunto de interese local, senón que recuperar o segundo casco histórico de Galicia tamén merece o compromiso das institucións de ámbito superior". 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones