Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O goberno municipal propón un cambio de emprazamento do mercado semanal dos xoves

Márcase o 11 de marzo para achegar outras propostas de ubicación, e para que os vendedores se poñan ao día no pago das taxas

Márcase o 11 de marzo para achegar outras propostas de ubicación, e para que os vendedores se poñan ao día no pago das taxas

Fecha: 08 de Febrero de 2018

Fuente: Concello de Tui

O goberno municipal de Tui, presidido por Carlos Vázquez Padín, está traballando para actualizar o mercado semanal que se celebra os xoves na cidade en varios ámbitos. Por unha dende mañá xoves dáse un prazo dun mes aos vendedores ambulantes para pórse ao día no pago das taxas atrasadas. Precisamente mañá aqueles que teñan pendente de pago algún recibo recibirán unha notificación coa cantidade adebedada, que deberán facer efectiva no prazo de 30 días, en caso contrario non poderán volver montar o seu posto no mercado.

A esta medida súmase a proposta de cambio de emprazamento das rúas onde se celebra o mercado semanal na actualidade - Paseo da Corredoira, e nas rúas Compostela, Ourense, Mondoñedo e Lugo - cara a prolongación da travesía de Casal Aboy. O alcalde, Carlos Vázquez Padín, explica que entre as alternativas estudadas esta é a única ubicación que reúne todos os requisitos, entre os que está o informe policial de evacuación e seguridade, e no que habería a capacidade suficiente para albergar todos os postos no mesmo espazo, ao tempo que segue a ser unha zona relativamente céntrica. De todos os xeitos dende o Concello está abertos a suxestións sobre outros emprazamentos, que se deberían facer chegar no prazo máximo dun mes. Con este cambio liberaríanse amais as prazas de aparcamento nas rúas onde arestora se colocan os postos. De todos os xeitos esta sería unha ubicación provisional, condicionada pola apertura nuns anos da rúa Ourense cara á Avenida da Concordia, e polo feito de que a medio-longo prazo o idóneo sería poder contar cun recinto feiral onde celebrar este mercado e outros eventos.

En canto aos motivos que levan ao goberno municipal ao cambio de emprazamento do mercado semanal está por unha banda que consideran negativo a paralización de parte do centro da cidade, co peche de rúas, unha día por semana, ao que se suma a previsión de que ao longo de 2019 se produza a apertura da Ourense cara á rúa Colón, o que fará incompatible que se poida celebrar o mercado ocupando unha parte deste vial.

Dende o concello marcan coma data tope o 11 de marzo para estudar outras propostas alternativas á ubicación do mercado, e para que os vendedores se poñan ao día no pagamento das taxas. O obxectivo é levar ao pleno ordinario do mes de marzo, ou coma moi tarde ao do mes de abril, a proposta do cambio de emprazamento do mercado semanal dos xoves, que se podería facer efectiva antes do verán.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones