Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Grupo Municipal Socialista acusa a Vázquez Padín de non asumir as suas responsabilidades no desentullo do barrio da Torre de Paramos

Ante as manifestacións vertidas en prensa polo actual Alcalde de Tui respecto o desentullo do barrio da Torre de Paramos, o Grupo Municipal Socialista fai varias valoracións

Ante as manifestacións vertidas en prensa polo actual Alcalde de Tui respecto o desentullo do barrio da Torre de Paramos, o Grupo Municipal Socialista fai varias valoracións

Fecha: 23 de Noviembre de 2018

Fuente: PSdG-PSOE de Tui

Ante as manifestacións vertidas en prensa polo actual Alcalde de Tui respecto o desentullo do barrio da Torre de Paramos, o Grupo Municipal Socialista expón:

1º. Na declaración de "zona gravemente afectada por una catástrofe de protección civil" do pasado mes de setembro polo Consello de Ministros, contémplase o compromiso do Goberno Central de asumir os custos do desentullo do barrio da Torre de Paramos, previa firma dun protocolo entre o Concello de Tui e o Ministerio de Política Territorial. Este acordo foi comunicado persoalmente polo Delegado do Goberno en Galicia Javier Losada aos afectados e ao propio Alcalde de Tui Carlos Vázquez Padín, negándose este a redactar calquera protocolo nin a asumir as labouras de adxudicación da obra, ainda que as pagara o Ministerio. Ante esta negativa o Delegado do Goberno en Galicia instou ao Ministerio de Política Territorial, a que se iniciaran os trámites necesarios para que se autorizara e firmara o protocolo co Concello de Tui, acompañando un borrador de dito protocolo e a súa memoria xustificativa.

2º. O Alcalde responsabiliza da adxudicación do proxecto de desentullo ao Goberno Central, incluso lle recomenda a fórmula mediante a cal se podería levar a cabo, unha "encomenda de xestión". Compre salientar que a encomenda de xestión a pode levar a cabo de xeito directo o propio concello, ainda que é una fórmula legal que apenas se utiliza xa que dispara os custos da obra. Tamén ao respecto, hai que suliñar que o Goberno municipal do mesmo xeito que adxudicou por vía de urxencia o desamiantado do barrio da Torre, podería utilizar o mesmo criterio para adxudicar, por vía de emerxencia o desentullo. Finalmente cabe lembrar que o proxecto de desentullo toda vez que se trata dunha actuación urbanística no ámbito do término municipal de Tui ten que estar informado polos técnicos municipais, cousa que non se fixo co proxecto enviado a Madrid. E máis o proxecto enviado a Madrid está redactado por unha empresa externa ao concello sin ningún tipo de control ni supervisión municipal.

3º. O concello de Tui amais acaba de presentar, tras diversos requerimientos da Subdelegación do Goberno os xustificantes das axudas que solicitou. Por unha banda solicita máis de 600.000 euros para diversas instalacións municipais que foron danadas pola explosión dos almaceis ilegais da pirotécnica. Estas axudas están comprendidas no Real Decreto de protección Civil e que nos consta que están en exámen polo Ministerio de Interior. Ao mesmo tempo tamén o Concello ten solicitado axudas por máis de 345.000 euros para as actuacións urxentes en Paramos, e decir o proxecto de retirada que amianto que fixo tras a explosión do almacen ilegal. O alcalde tense preocupado moito polas axudas que lle corresponden como institución pública, pero non polas dos veciños e veciñas-

Por último o Grupo Municipal Socialista denuncia un intento do actual alcalde de Tui Carlos Vázquez Padín de non asumir as suas responsabilidades no desentullo do barrio da Torre de Paramos, retrasando de xeito intencionado as labouras de desentullo que por lei ten encomendadas, deixando perder máis de dous meses sen propor ao Goberno Central un protocolo de actuación, todo cunha clara vontade política, como xa se manifestou na viaxe a Madrid, sen contar tan siquera cos vecinos afectados.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones