Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DE TUI LEVARÁ A O DERRADEIRO PLENO DESTA LEXISLATURA UNHA MOCIÓN NA QUE SE SOLICITA A ADHESIÓN DO CONCELLO DE TUI AO PROXECTO DE TRANSPORTE METROPOLITANO

Cabe salientar que o Concello de Tui comparte infraestrutura tanto viaria coma ferroviaria cos Concellos que forman parte do Plan de Trasnporte Metropolitano

Cabe salientar que o Concello de Tui comparte infraestrutura tanto viaria coma ferroviaria cos Concellos que forman parte do Plan de Trasnporte Metropolitano

Fecha: 26 de Marzo de 2015

Fuente: PSOE Tui

O Grupo Municipal Socialista presentará no derradeiro Pleno desta lexislatura do Concello de Tui unha moción na que se solicita a adhesión do Concello de Tui ao recén creado Plan de Transporte Metropolitano, Recordando o que xa levaba o Partido Socialista no seu programa electoral para as municipais do ano 2011.

Dende o Grupo Municipal Socialista resulta inverosímil que o Concello de Tui non amosara ningún tipo de interese neste proxecto, no que si están outros concellos limítrofes coma Porriño ou Salceda, con quen o Concello de Tui comparte límites territoriais. Dase a paradoxa que moitos veciños das parroquias de Paramos, Caldelas, Baldráns ou Guillarei non se vexan beneficiados por este plan cando moitos deles comparten lindes xeográficos común.

A maiores cabe salientar que o Concello de Tui comparte infraestrutura tanto viaria coma ferroviaria cos Concellos que forman parte do Plan de Trasnporte Metropolitano, e non só en materia de comunicación, senón tamén en materia de chan industrial e de prestazón de servizos. Asemade o fluxo de persoas que diariamente se desprazan aos concellos da área metropolitana de Vigo, non só dende o Concello de Tui, senón tamén dende os concellos da comarca do Baixo Miño, é cuantitativamente importante coma para ser tomada en consideración a proposta.

Polo exposto o Grupo Municipal Socialista entende que existen razóns de tipo socioeconómico que fan máis que necesario que o Concello de Tui non se quede fora deste Plan, xa que a adhesión ao mesmo redundaría en beneficio do conxunto dos veciños, así coma tamén do texido industrial el comercial.

Na moción tamén se incluirá a petición de que o Goberno Municipal negocie co Ministerio de Fomento a mellora das comunicacións ferroviarias do Concello de Tui, e en definitiva da Comarca do Baixo Miño, coa area metropolitana, outro dos grandes proxectos esquencidos polo conxunto das tres administracións, cando resulta algo fundamental para o progreso e consolidación do texido industrial e comercial de todo o Baixo Miño.

 


Enrique Cabaleiro González
Voceiro do Grupo Municipal Socialista de Tui

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones