Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DE TUI LEVARÁ A PLENO UNHA MOCIÓN ENCAMIÑADA A INICIAR OS TRÁMITES PARA A CREACIÓN EN TUI DA PRIMEIRA LONXA DE RÍO NO TRAMO INTERNACIONAL DO RÍO MIÑO

Dos 21 centros en principio autorizados Tui soamente ten 2, fronte a outros Concellos como o Rosal que ten 10, ou Tomiño que ten 5.

Dos 21 centros en principio autorizados Tui soamente ten 2, fronte a outros Concellos como o Rosal que ten 10, ou Tomiño que ten 5.

Fecha: 29 de Enero de 2015

Fuente: PSOE Tui

O Grupo Municipal Socialista de Tui a través do seu voceiro Enrique Cabaleiro levará unha Moción ao próximo Pleno do xoves 29 de xaneiro para que inicien os trámites necesarios para acondicionar as instalacións do porto pesqueiro e para a construción en Tui da primeira lonxa de peixes de río no Tramo Internacional do Río Miño, e levar a diante dende o Concello un proxecto innovador e que durante anos foi demandado por aqueles que exercen a actividade da pesca como unha profesión.

Atendendo á elevada taxa de paro que ten o noso municipio, consideramos que sería relevante iniciar os traballos e trámites necesarios para impulsar non só o desenvolvemento da actividade pesqueira no Miño, senón tamén incentivar todos aqueles aspectos que xiran entorno á pesca e á comercialización dos seus produtos, como mecanismos de creación de postos de traballo.

Ademais, o Grupo Municipal Socialista de Tui solicita que dende oConcello se defenda que sexa Tui o lugar elixido para a construción da primeira lonxa no Tramo Internacional do Río Miño, xa que o Plan de Xestión da angula esixe que ademais de que toda a angula pescada deberá quedar rexistrada nun diario, esta deberá pasar por lonxa co obxectivo de efectuar un control da súa captura e comercialización. Mentres non exista unha lonxa de río, as capturas deberanse levar á lonxa pesqueira da Garda, ou mediante a axeitada Guía de transporte, a un punto de venda, un centro de control ou unha lonxa móbil autorizada
.
O Grupo municipal Socialista de Tui considera que o noso municipio é o lugar idóneo para a súa ubicación e así debe facerse saber ás autoridades correspondentes e defender esta postura para seguir apostando polo desenvolvemento de actividades ligadas ao Miño en todas as súas vertentes, non só no aspecto deportivo.

É necesario como antano, volver impulsar a pesca de río como saída laboral, á vez que promover a comercialización destes produtos xa elaborados que estaría ligada ao prestixio da actividade hostaleira do noso municipio.

Recordar ademais que a Orde de 31 de marzo de 2014 pola que se regula a comercialización en orixe das especies eurihalinas de interese comercial, prohibe vender a particulares as devanditas especies para iso promoveuse a creación dos chamados "centros de recollida".

Dos 21 centros en principio autorizados Tui soamente ten 2, fronte a outros Concellos como o Rosal que ten 10, ou Tomiño que ten 5.

 

Enrique Cabaleiro González
Voceiro do Grupo Municipal Socialista de Tui

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones