Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O grupo xuvenil da escola municipal de teatro de Tomiño leva á escena a obra -Bookcrossing-, este domingo no Auditorio de Goián

A cita é este domingo, 3 de xullo, no Auditorio de Goián

A cita é este domingo, 3 de xullo, no Auditorio de Goián

Etiquetas del contenido

Fecha: 02 de Julio de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

A Escola Municipal de Teatro de Tomiño, representará este domingo. 3 de xullo, ás 21.00 horas, no auditorio de Goián, a obra "bookcrossing", a cargo do grupo xuvenil.

Esta función pon remate a un dos tres "Obradoiros de Expresión Dramática Plástica e Musical" que desenvolveu a Concellaría de Cultura, por 7º ano consecutivo, coa coordinación de "Migallas Teatro" e nos que participaron un total de 45 rapaces e rapazas de entre 4 e 17 anos.

Durante as sesións os mozos e mozas descubriron e fomentaron os seus recursos expresivos e desenvolveron as súas capacidades creativas mediante o xogo dramático.

A monitora de teatro, Tamara González, explica que a obra "Bookcrossing" (movemento internacional que consiste en deixar libros en espazos públicos para que outras persoas os atopen, os lean e volvan deixalos noutro lugar) é unha creación colectiva do grupo xuvenil, onde se fai un percorrido pola literatura galega, desde as cantigas medievais ata a actualidade. Os textos literarios dan lugar a diferentes escenas enlazadas por medio do bookcrossing.
Cada escena é representada con técnicas dramáticas diferentes, desde o teatro popular ata as propostas máis innovadoras, combinadas con humor e crítica social.

Esta obra pretende, entre outras cousas, fomentar o pracer de ler e mostrar a importancia que seguen tendo na actualidade, tanto no ámbito persoal coma social, obras da literatura galega que foron escritas noutras épocas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí