Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O guardés Denis Maza continúa coa presentación do seu libro -La Mística de un grano de arena-

Na trama da novela, o protagonista principal acode á praia buscando respostas, atrapado nunha profunda crise existencial.

Na trama da novela, o protagonista principal acode á praia buscando respostas, atrapado nunha profunda crise existencial.

Etiquetas del contenido

Fecha: 25 de Junio de 2021

Fuente: J. Alonso

O guardés Denis Maza, que vén presentando La Mística de un grano de arena dende outubro de 2020, está de ronda polas Feiras do Libro de Galicia. Estivo firmando exemplares da súa novela en Ourense e Redondela neste mes de xuño, e as próximas edicións o levarán a Vigo, Ponteareas, Pontevedra, Rianxo e A Coruña.

Denis Maza é graduado en Enxeñería en Electrónica Industrial e Automática, e actualmente desenvolve o seu labor profesional como profesor de Enerxías Renovables no CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo).

Este proxecto, que en principio nada ten que ver co seu perfil técnico, é, en realidade, o rescate e posta en relevo dunha vocación por moito tempo aparcada. La mística de un grano de arena é, en palabras do autor, “o peche dun círculo vital”.

A idea da novela xorde, alá polo 2018, dentro dun contexto existencial de reencontro e reflexión persoal. A escritura sempre estivera na súa vida como vía de escape, aínda que ata este punto nunca se materializase en algo sólido e formal. Os seus estudos no grao de filosofía na UNED tamén foron claves á hora de afrontar este reto.

Na trama da novela, o protagonista principal acode á praia buscando respostas, atrapado nunha profunda crise existencial. A senda que alí comeza levarao por múltiples cruces de camiños.  Nesta travesía polo areal irase topando con personaxes que lle achegarán claves para reflexionar sobre os debates internos que o levaron ata alí, cada un deles dende as súas vivencias e perspectivas. Ademais de encontros de carne e óso, tamén xurdirán vívidos recordos que o levarán de viaxe pola súa memoria, rememorando momentos pasados e persoas que deixaron pegada na súa alma. Un periplo polos recunchos da conciencia, no que non terá máis remedio que lidar cos seus medos máis profundos e a súas propias resistencias narcisistas.

É esta, polo tanto, unha novela de reflexión, unha fábula existencialista que indaga na rede de sentidos e afectos que envolven a realidade do individuo, unha viaxe polas sendas do autocoñecemento, a autocrítica e a loita contra o ego.

Coñece máis sobre a novela e o autor:

https://www.letrame.com/autores/dennismaza/

Dispoñible en librerías do Baixo Miño (Atlántica, Ideas, Novidades).

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones