Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O IEAMSo conmemora o centenario da mobilización social contra o Foro

O Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo teñen programadas unha conferencia e unha andaina para visibilizar o centenario da gran mobilización social contra o Foro no ano 1922

O Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo teñen programadas unha conferencia e unha andaina para visibilizar o centenario da gran mobilización social contra o Foro no ano 1922

Etiquetas del contenido

Fecha: 29 de Julio de 2022

Fuente: IEAMSo

Co motivo do centenario dos sucesos de Sobredo que se cumprirán o próximo 28 de novembro, dende o Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo (IEAMSo) van levar a cabo unha serie de actividades que tentan visibilizar o centenario da gran mobilización social contra o Foro ao longo do ano de 1922.

A confrontación derivada da oposición aos embargos  que decretaba o Xulgado ao negarse a pagar o Foro, convocou á veciñanza e a intervención da Garda civil que rematou coa tráxica morte dos coñecidos como Mártires de Sobredo.

Esta campaña pola abolición do Foro iniciouse a partir dos acordos acadados no Congreso Agrario de Tui que se desenvolveu nesta cidade no Teatro Principal os días 28, 29 e 30 de Xullo do ano 1922. A partir dese momento desenvolvéronse ao Longo de todo o país actos de sensibilización e concienciación social promovida polas organizacións agrarias que procuraban a abolición do pago das renda señoriais sobre as terra agrícolas e a promoción de melloras Sociais, tanto en avances para o agro como en formación educativa e na organización da sociedade labrega daquela época.

Por este motivo, o IEAMSo programa, para o día 29 de xullo, unha conferencia co título de "O Congreso Agrario de Tui", impartida polo profesor da Universidade de Santiago, Miguel Cabo Villaverde, un dos grandes especialistas sobre o agrarismo. A conferencia terá lugar no Edificio Francisco Sánchez (antiga Área Panorámica), ás 20:00 hs.

O día 30 de xullo teñen programada, coa axuda de Xosé Martínez Tato de Andatui e coa colaboración do Concello de Tui da andaina co título "Memoria: espazos e tempos do Congreso Agrario de Tui a Sobredo". Un percorrido de 8,5 km que nos levará da praza de Frómista, diante do Teatro Principal, até o coñecido como Campos dos Mártires en Sobredo (Guillarei). O inicio da andaina será ás 8:30. Esíxese puntualidade.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones