Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

O informe para a declaración de Paramos de zona gravemente afectada por unha emerxencia de protección civil está xa en Madrid

O concello deberá aportar unha peritaxe que servirá de documento base

O concello deberá aportar unha peritaxe que servirá de documento base

Fecha: 06 de Julio de 2018

Fuente: Concello de Tui

O alcalde, Carlos Vázquez Padín, valora positivamente a boa disposición amosada polo delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, na reunión de traballo celebrada esta mañá na Coruña. Na mesa Javier Losada confirmou que hoxe mesmo remiten o informe ao Ministerio de Interior para tramitar a declaración de zona afectada gravemente por unha emerxencia de Protección Civil.

O mandatario tudense agradeceu a disposición tanto do delegado, como da subdelegada na provincia, Maica Larriba, para axudar aos afectados pola explosión de material pirotécnico no barrio da Torre o pasado 23 de maio. Aínda que polo momento non se poden fixar prazos para a declaración de zona gravemente afectada por unha emerxencia de protección civil, o delegado si anticipou ao alcalde a necesidade dunha peritaxe de toda a área afectada realizada por técnicos municipais ou da Deputación, que servirá de documento base para desenvolver os decretos unha vez que se produza esta declaración por parte do goberno central. Por este motivo, o alcalde solicitará novamente á Deputación a dotación de maior persoal á area urbanística que atende a catástrofe, ao tempo que agradece a achega dun aparellador dúas mañás á semana, que xa confirmou a Deputación pero que resulta insuficiente.

Neste encontro o alcalde reiterou a solicitude para que sexa o Estado quen asuma a contratación do desentullo, complete as axudas para a reconstrución das vivendas cando non sexa suficiente as achegas concedidas pola Xunta ou a cobertura dos seguros, así coma que estableza a exención fiscal o IRPF destas axudas, ao tempo que os afectados queden exentos do pago de tributos coma o IBI, o ICIO, ou das taxas urbanísticas.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí